AS COVAS DE ALTAMIRA.

 

            A cova está preto de Santillana do Mar (Cantabria) e foi descuberta no ano 1879 por Marcelino Sanz de   Sautuola  quen tivo que aturar grandes críticas e morrer sen que lle valorasen o seu descubrimento. Pero uns anos máis tarde, no 1902, científicos e estudiosos da arte rupestre confirmaron a antigüidade das pinturas rupestres que alí apareceron. Trátase de pinturas rupestres, é dicir, pinturas sobre rochas realizadas na época prehistórica e que hoxe son consideradas patrimonio da humanidade.

            Devanditas pinturas teñen 14.000 anos e encóntranse as principais no teito do chamado “gran salón” e representan bisontes, cervos, xabaríns e figuras humanas que ás veces teñen testa de animal.

            Actualmente só estudiosos e investigadores poden entrar na cova, xa que a respiración e a calor das persoas prexudica as pinturas.

            As cores máis utilizadas son vermella, ocre, rosa, parda e negra.

                        Vanessa. 1º ESO C