AS MULLERES NO SÉCULO PASADO
Onte, non sei cómo, chegou ás miñas mans un documento do século XX e quedei sorprendida do que nel estaba escrito, si, e aínda digo máis, quedei pasmada, abraiada, ¡hai que ver o que fai o paso dos anos!
Pois,
como vos ía dicindo, atopei unha partida de nacemento do ano 1930, na que se
trataba ás mulleres como un obxecto que carece de valor, si, nesa partida de
nacemento poñía os datos do neno/a e logo os do pai, incluíndo a profesión,
pero cal foi a miña sorpresa cando sigo lendo e chego ós datos da nai,
aparecendo o nome dela e a continuación poñía así, literalmente: “Doña ... de
profesión las labores propias de su sexo y reside en el domicilio de su
marido”.
¿Que?
¿a que non dades creto ó que acabades de ler? pois é así, ¿vedes como tiña
razón cando dicía que as mulleres eran tratadas como obxectos que carecían de
valor?
E
agora, despois de ler esto e saber o que cambiou a situación da muller ó longo
do tempo, dou gracias por nacer na década dos oitenta, e de vivir nesta sociedade
que non é tan machista como algunhas veces as mulleres dicimos; polo de agora
aínda non conseguimos ser iguais ós homes en todos os aspectos, pero non nos
podemos queixar, pouco a pouco e co paso dos anos, se todo segue igual,
acadaremos a igualdade completa. Pero de todas formas debemos saber que o mundo
vai cambiando para a sorte das mulleres.
Si,
xa sei que a moitos de vós esto pareceravos unha simple parvada, pero a min
abraioume moito cando o lin e logo analicei polo miúdo; a situación en principio
parecíame unha barbaridade e volvino ler e reler ata que me dei conta do que
alí estaba escrito, pero agora entendo cando as señoras que actualmente teñen
arredor dos setenta anos din que nun papel todos os burros escriben, e teñen
razón. Non os imos cualificar de burros, pero si de machistas e de misóxinos,
aínda que non sei se esta palabra é moi forte, pero non se me ocorre outra que
os poida definir mellor.
Unha
que ante todo non se cre feminista. MERCHI