¡¡¡ BASTA XA DE TORTURAR ANIMAIS !!!

 

 

v      A REALIDADE QUE SE ESCONDE DETRÁS DOS CIRCOS.

 

Os circos son unha diversión humana pero,ó mesmo tempo, un sufrimento animal. Cando non están diante dos focos, estas fermosas criaturas, nacidas para vivir en liberdade, permanecen pechadas con cadeas en escuras gaiolas. Son vidas de reclusión e soidade que os avellentan prematuramente. Un elefante vive uns 70 anos en liberdade, no circo morre con 14 anos.

Gaiolas, cadeas, sufrimento, longas horas de estrada,látegos, crueis métodos de adestramento, castigos, descargas eléctricas, golpes, drogas...

Estes animais inocentes pasarán o resto da súa vida nunha pequena prisión.

Os circos con animais son un claro atentado contra a liberdade.Os animais, seres vivos, son separados á forza das súas familias e encerrados. Sobreviven a cotío en moi malas condicións físicas, e sempre en pésimas condicións psicolóxicas; isto conduce ao desenvolvemento de conductas antinaturais e agresivas, e a unha morte prematura.

Son sometidos a duros adestramentos e castigos. Nas súas xiras son obrigados a soportar horas de viaxe en condicións  extremas e baixo duros climas aos que non están habituados,sen luz,nin auga, nin ventilación...

Penso que é necesaria unha educación mediante a cal aprendamos a coñecer, gozar e, sobre todo, respectar a natureza e os animais en liberdade, e non a explotalos e posuílos.

Existen circos sen crueldade, que inclúen números acrobáticos, musicais, humorísticos nos que non se incorporan animais nas súas actuacións.

 

v      OS ZOOLÓXICOS

 

Aínda que pareza que nos zoos os animais están ben, a realidade non é esa; detrás dos zoos ocúltase o trauma que estes supoñen para estes seres vivos.

Son obtidos mediante capturas ilegais nas cales se moven moitos cartos, si, cartos a cambio de moito sufrimento. Unha vez capturado, o animal sofre unha experiencia moi dura: de súpeto atópase só, separado dos demais membros do seu grupo, acosado e indefenso. A viaxe ao seu destino será longa e penosa, pechado nun espacio reducido no que a penas pode moverse, rodeado de barrotes,constantemente recibindo golpes, soportando cambios bruscos de temperatura, fame, sede ......Non é estraño que unha porcentaxe elevada destes animais destinados a venderse en zoos non chegue xamais ó final do traxecto.

Nos zoos son case imposibles a reproducción e a supervivencia de animais en perigo de extinción ; normalmente empréganse técnicas de fertilización artificial, que non sempre acadan éxito.

Non vos estrañedes se oídes que un animal agrediu ao seu coidador; é normal que estes desenvolvan conductas agresivas, debido á presión a que están sometidos....Non hai que esquecerse que eles tamén son seres vivos e que senten.

 

Hai moitos máis casos nos que se maltratan animais; cada ano millóns de animais sofren unha vida miserable e morren cruelmente , son víctimas dos seguintes intereses económicos:

Ø      Industria militar ( responsable da morte de animais ao probar neles o armamento ).

Ø      Industria cosmética : Algunhas empresas experimentan os seus productos en animais; aí  van os nomes dalgunhas: Ambre Solaire, Biotherm, Cacharel, Clinique, Eau Jeune, Garnier, Giorgio Armani, Gloria Vanderbilt, Johnson & Johnson, Vichy...e moitas máis; así que, xa sabes, se che gustan os animais non consumas productos destas marcas xa que estás contribuíndo á súa destrucción, e é posible que deixen de experimentar neles se todos colaboramos.

Ø      Industria peleteira: Capturan mediante trampas ou cepos e son os causantes de mortes brutais, estrangulados ou electrocutados co único obxectivo de comercializar as súas peles.

Ø      A vivisección: O dantesco mundo da investigación e experimentación mata ó ano millóns de animais en repetitivos e absurdos experimentos.Só o 10% da masacre destes animais ten unha finalidade sanitaria.

Ø      Absurda caza: Cada ano miles de cazadores saen ó monte a matar indiscriminadamente a femias preñadas, especies protexidas ou machos dominantes sen os cales as mandas quedan desprotexidas. Xera tamén contaminación de montes, ríos, campos, cos cartuchos de plástico e co chumbo que estes conteñen. Penso que non existe ningunha xustificación para a caza; eu non considero que sexa un deporte.

Ø      O comercio de especies: É un gran negocio que move miles de millóns ó ano. A compravenda de animais exóticos contribúe a unha gran ameaza para a desaparición de moitas especies. Moitos morren durante a súa captura ou cando son transportados ao seu destino, a tenda, onde permanecerán engaiolados ata seren mercados.

Ø      A tauromaquia: Tamén coñecida como a “festa nacional”,unha “festa” que recibe todo o apoio gobernamental. Parécenme patéticas as corridas de touros.Son torturados e humillados e antes de morrer ¡o que teñen que soportar!: as diferentes armas utilizadas antes da morte do animal teñen como obxectivo debilitalo, para que o toureiro poida matalo doadamente. A morte do touro é lenta e dolorosa, xa que case nunca morre na primeira estocada. Sofren intensas hemorraxias debidas ó cravo de arpóns, banderillas...algunhas destas armas teñen a función de “humillalo”, é dicir, que agache a cabeza para que o matador poida introducirlle a espada mortal. Cando non morre crávaselle unha especie de coitelo na medula espiñal, o touro queda paralizado pero consciente, é dicir, vivo.

Ø      Os cabalos son as víctimas esquecidas das corridas de touros; en numerosas ocasións reciben embestidas que lles abren as tripas, e, por outra parte, é necesario drogalos e taparlles os ollos para que saian á praza, xa que doutra maneira o terror que senten ó ver o touro faríaos fuxir.

Ø      Estes son algúns dos moitos casos que hai de maltratos de animais.

Ø      ¡¡¡¡¡¡Basta xa!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

M.M.C.