14-5 de calquera ano

 

 

Queridas amigas:

 

¿Como vos vai a vida? A min de pena porque estou moi soa. Si, por fin acabei a carreira, xa teño coche, traballo, amigos e vivo nun luxoso apartamento en Palma de Mallorca; pero en realidade, a pesar de ter todo o que moita xente desexa, fáltame o máis importante, a vosa presencia e, por suposto, a presencia de quen vós sabedes.

Bótovos de menos. Non dou esquecido aqueles momentos da nosa mocidade onde todo era realmente preocupante e cheo de medos e fantasías.

Agora todo aquelo xa o conseguín, pero sigo afirmando que me falta o máis importante. Si, si, aquela persoíña que boto tanto de menos, síntome mal sen a súa presencia. ¿Que será del?, ¿casaría?, ¿terá fillos?, ou simplemente seguirá coma sempre, é dicir, coma min.

Xa me contaron que acabastes as carreiras,  que case todas estades para casar, excepto a que nós sabemos, que por desgracias da vida tívose que meter monxa...

Aínda así alégrome por todas .Espero que sexades moi felices como soñabamos cando eramos nenas.

Eu sigo aquí,  xa teño a praia aburrida e aínda que está chea de xente síntome como se estivera baleira e sen ninguén ó meu redor.

En definitiva, teño moitas ganas de vervos e espero que me chamedes para convidarme á voda.

                      

                               BIQUIÑOS

 

Esta é unha das moitas cartas que nun futuro algunha persoa escribirá ós seus amigos máis próximos.

¿En realidade pensas que esta moza é feliz á parte de levar unha boa vida despois de acaba-la carreira?, pensa un pouco e gózao porque en realidade os estudios non son o máis importante da vida.

            

                                           CXX