CHISTES
Dous ladróns están atracando un piso cando,
de repente, escoitan a sirena da policía:
-¡Rápido!. ¡Salta pola ventá!.
-¡Pero que dis!., responde o outro ¡se
estamos nun piso nº 13!.
- Non empeces coas supersticións e salta xa.
Entre dous amigos.
- Acabo de ver dous tipos tolos.
- ¿E que facían?.
- O primeiro ía tirando billetes de 10.000
pola rúa.
- ¿E o outro?.
- O outro ¡devolvíallos!.
- Mamá, ¿e verdade que descendemos do mono?.
E a nai responde:
- Pois non sei , fillo. O teu pai nunca quixo
falarme da súa familia.
Natalia Ares 1º BAC C