CHISTES

 

Nun manicomio fan unha proba para ver cal dos internos xa está curado. Para eso encerran a todos nun helicóptero falso e pintan unha porta. Tódolos tolos saen correndo menos un. Os médicos acércanse a el porque se quedou no helicóptero e pregúntanlle:

-¿Ti por que no fuches cos demais?.

- Porque non teño as chaves.

 

Un home cada noite tira a súa porcallada á rúa en vez de metela no contedor. Un día un veciño, advírtelle:

- Oes, como sigas tirando a varredura á rúa vou dar parte á policía.

- ¡Por min coma se lle quere dar a bolsa enteira!.

 

¿Sabes por que se suicidou o libro de "mate"?. Porque tiña moitos problemas.

 

- Sempre pensei que era mellor dar que recibir.

- ¿Oh!. E sendo tan xeneroso, ¿a que te dedicas?.

- Son boxeador.

 

Está o alcalde da vila dictándolle ó secretario:

- Convoca unha reunión para o venres ás catro.

¿Venres como se escribe: con v ou con b?.

O alcalde, despois de dubidar un pouco, contesta:

- Mellor aprazámola para o luns.

 

Hai un ladrón parvo e outro listo, e entraron a roubar nunha casa. Tropeza o listo e asómase a dona da casa.

- Quen é?.

- Miau, contesta rapidamente o listo.

Ó momento tropeza o parvo e a dona da casa, cada vez máis mosqueada, pregunta:

- ¿Quen é?.

- Outro gato, responde o parvo.

 

Un home vai á estación do tren e dille ó vendedor da ventanilla:

- ¿Dáme un billete de tren?.

- ¿Con que destino?.

- ¡Non llo dixen a miña muller e voullo dicir a vostede!.

 

Natalia Ares 1º BAC C