CHISTES
Nun bar está un albanel falando cos seus
amigos:
-¿Sabedes? Hoxe veño moi triste
-
¿E logo que che pasou?
-
Pois morreu o meu xefe e levei un gran
desgusto porque el queríame moito, ata as súas últimas palabras foron para min.
-
¿E que foi o que che dixo?
-
Pois díxome: ¡Non movas o andamio, animal!
------------------------
¿Quen dixo a famosa frase: "O importante
dunha persoa é o que vai por dentro"?
Jack o destripador.
----------------------
Era un home tan vello, tan vello, que cando
era novo e ía á escola aínda non había clase de historia.
-----------------------
-
¡Mamá, mamá! ¿Por que papá ten máis botóns ca
ti na bragueta?
-
Porque teu pai tena máis grande ca min, fillo.
-
¡Ah! Pois logo o señor cura cómo a terá que
leva botóns da cima ó fondo.
-------------------------
-¡Capitán, capitán! ¡afundimos!
-
¡Cala, parvo, que isto é un submarino!
---------------------------
Dous amigos:
-
¿Sabes? Eu de novo estiven cortando árbores
no Sahara.
-
Pero se no Sahara non hai árbores
-
¡Home, claro! Porque os cortei eu todos
---------------------
- Doutor, doutor, ninguén me fai caso
-
Que pase o seguinte
---------
¿Sabes como se deixa intrigado a un parvo 24
horas?
Dígocho dentro de 24 horas.
------------
Isto eran dous ratos que estaban cruzando a
estrada e, cando ían polo medio, un deles viu que viña un camión e díxolle ó
outro:
-
Vou parar ese camión
-
¡Pero ti estás tolo! ¡Como vas parar o
camión! ¡Sae de aí!
-
Faime caso, home, xa o verás.
O rato quedou inmóbil diante do camión que se
achegaba e non estaba disposto a apartarse, entón, por casualidade,
pinchóuselle unha roda ó camión e o conductor parou xusto diante do rato e
dixo:
-
¡Vaia, home! Vou ter que sacar o gato
E di o rato:
-
Non te poñas chulo que che envorco o camión.
----------------------
Estaban dous borrachos discutindo na rúa:
-
¿Sabes? Aquelo que se ve alí é o sol
-
Non, home, non, aquelo é a lúa
-
Estás equivocado, aquelo é o sol
-
Dígoche que é a lúa
Nese momento pasaba outro borracho por alí e
preguntáronlle:
-
A ver, ti. ¿Aquelo que é, o sol ou a lúa?
-
Ai, a min non me preguntedes, que eu non son
de aquí.
------------------
Un home foise a unha viaxe de negocios e
cando volveu atopouse con que a súa muller tivera un fillo negro, e díxolle:
- Pero, María, ¿Como puideches ter un fillo
negro se os dous somos brancos?
-
Pois mira, cando naceu era encarnado así coma
ti, pero despois como eu non puiden darlle o peito tivo que darllo a criada, e
como ela é negra, os pigmentos do leite fórono volvendo negro.
O home non estaba moi convencido e foille
pedir consello á nai. Contoulle o que lle acontecera.
-
Ai, meu fillo, pero eso éche normal.
-
¿Si?
-
Si, home, a ti tamén che pasou de pequeno
-
¿E logo que me pasou?
-
Pois mira, eu tampouco puiden darche peito e
tiven que darche leite de vaca, e por iso agora che saíron os cornos.
---------------
Os seres humanos divídense en tres: os que
saben contar e os que non.
-------
-¡Mamá, mamá! ¿Cando se come pan de hoxe?
-
Mañá, fillo.
----------
-¡Mamá, mamá! ¿Podo ver a televisión?
-
Si, fillo, pero non a acendas
---------------
¿Que é algo que ás mulleres lles vén unha vez
ó mes e que se lles acaba ó cabo de 2 ou 3 días?
A paga do marido.
Pablo
Vázquez Ríos
B1ºA