¿CLASE OU VERTEDOIRO DE LIXO ESCOLAR?

 

            Levo algún tempo fixándome nunha cousa que chama a miña atención. Uns poucos alumnos dunha clase de 3º de ESO estudian rodeados de lixo tódolos días.

Son rapaciños moi estudiosos, pero hai que dicilo, algo maleducados: tiran os papeis, bolsas, envoltorios, piruletas...todo ó chan.

Na miña opinión, isto ten bastante máis importancia da que lle damos. A cuestión é que unhas señoras limpan cada día, non sei se pensades o mesmo, pero non son criadas para recoller o que  comodamente tiramos, por non ir á papeleira que está ó lado da porta.

Ter un  camión do lixo a tamaño reducido na clase non é algo moi habitual, máis ben é unha falta de respecto ós que limpan, ós compañeiros e a un mesmo.

Espero que para o próximo curso en dirección anden agudos e tomen medidas, igual que deben andar agudos os que tiran todo ó chan.

 

P.S.: En lugar de normas para o instituto a algúns facíanlles falta normas para ir pola vida coma persoas.

O profesor que nos chamaba “nenés”, levaba moita razón.

 

Potxoqui.