A primeira muller universitaria
Concepción Arenal naceu en Ferrol, o 31 de xaneiro de 1820 e desde nena desexou ser avogada. Pero naquela época ás mulleres non lles estaba permitido ir á Universidade, polo que tivo que vestirse de home para acudir ás clases. Deste xeito foi a primeira muller que entrou nas aulas universitarias. Durante a súa vida loitou moito por mellorar a situación das mulleres e fundou diversas sociedades benéficas, como unha asociación para a construcción de casas para obreiros.
Entre
os cargos públicos que desempeñou están o de visitadora xeral de prisións de
mulleres e secretaria da Cruz Vermella de Madrid.
Morreu
en Vigo o 4 de febreiro de 1893