E
A NÓS, ¿QUE NOS IMPORTA?
Ultimamente
están a xogar moito coa nosa curiosidade. Gran Hermano I, O Bus, Gran Hermano
II. E a nós, ¿que nos importa? ¿Que é o que lles vemos a uns cantos tipos
vivindo nunha casa ou nun autobús? ¿ Que ten iso de especial? ¿Acaso é algo
fóra do normal?
Ben,
normal de todo si que non é.
Están
a xogar connosco, coa nosa curiosidade e coa nosa gana de saber cousas das
persoas alleas, e nós, cómo non, seguímoslle-lo xogo.
Que
se o veciño cambiou os mobles da cociña, que se o outro vai casa-la filla, que
se Rociíto lle pon os cornos ó mozo... e agora ¡PÓÑENNOLO EN BANDEXA!
Ensínanno-la casa a todas horas, o que fan, o que din, que se casan, que se
descasan, que se están nominados, que se os botan. E o mellor é que hai xente á
que lle interesa (e que non gaña cartos co mesmo) e que perde de durmir ou de
estar cos amigos por sabe-lo que lle pasa a Faina e a toda a tropa.
E
conforme se di o de Gran Hermano, dise polas revistas. Agora si que teño que
recoñecer que antes, cando saía o meu ex-grupo favorito, facía todo o posible
para consegui-la revista, pero agora doume conta de que non me valía para nada.
Se
che gusta un grupo, está ben, e vexo normal que síga-la súa traxectoria
MUSICAL, pero non que só mires se sae con esta ou coa outra, ou con este ou co
outro. Iso qué máis che dá, se o que realmente che gusta é a súa MÚSICA.
E
non é só dos famosos, (se casan, se teñen moza, se mercaron un piso, mellor
dito, unha casa, en Marbella...), senón tamén dos xogos eses do amor que che din
se tes futuro co rapaz que che gusta.
O
outro día vin un no que aparecía unha ruleta con preguntas e os signos do zodíaco
que supostamente tiñan que ser do rapaz que che gusta. E ¿que pasa? Se o rapaz
que che gusta é Saxitario, ¿van te-la mesma reacción cara a ti tódolos
Saxitario? ¡¡¡Veña!!!... E o mellor é que hai xente que o cre...
Pero...
¡¡¡CANDO NOS IMOS DAR CONTA DE QUE ESTÁN A XOGAR COA NOSA CURIOSIDADE E, EN
DEFINITIVA, CON NÓS MESMOS!!!
Quero
dicir que debemos utiliza-la nosa curiosidade para aprender cousas novas, que
aumenten o noso coñecemento e nos sexan útiles.
E
se en vez de preocuparnos tanto pola vida dos demais, nos adicaramos un pouco
máis a mellora-la nosa...
Laura
Ramos
4ºA