Eladio Rodríguez González

 

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a D.Eladio Rodríguez González, un home amante de Galicia, un poeta, un xornalista do seu tempo , un activista social...

 

Eladio Rodríguez González , naceu na pequena aldea de S.Clodio , pertencente ó concello Ourensán de Leiro , o 24 de Xullo de 1896.

A súa familia era de condición modesta, o seu pai era un humilde labrego e a súa nai traballaba como costureira.

Cando aínda era un neno, súa  nai mandouno á Coruña onde viviu na casa de seu tío e seguiu a estudiar nunha escola da Coruña.

Máis tarde volveu á súa terra natal, para impartir docencia no Convento de S.Clodio, onde el tamén se formara de pequeno, pero unha denuncia fíxoo abandonar esta actividade.

Xa dende novo manifestou un vivo interese pola poesía, actividade que realizou ó longo da súa vida .

Cando contaba con tan só 20 anos , obtivo o seu primeiro premio nun certame literario en Pontevedra e comezou a colaborar en revistas ourensás ou nas galegas da emigración, obtendo tamén o premio de honor no certame literario celebrado en Betanzos a súa peza``Os orfos da emigración´´

A súa vila natal non pode satisfacer os seus anhelos culturais e marcha definitivamente á cidade da Coruña con 24 anos. Alí a súa actividade cultural intensifícase notablemente.

As colaboracións nos xornais eran moi numerosas e constituían unha fonte de ingresos. Comeza a traballar no Concello como escribán temporeiro.

Casou o 28 de marzo de 1891 con Josefa Benigna Evarista Yordi Visier. Froito do seu matrimonio naceron sete fillos , falencendo o primeiro moi novo.

O seu cultivo pola poesía é constante e adoita presentarse ós diferentes certames literarios.

A colección Biblioteca Gallega publica o seu primeiro libro de poesías chamado``Folerpas´´ en 1984 con 30 anos.

O seu labor xornalístico foi inmenso ó longo da súa vida , e esta actividade lévao a formar parte na creación da Asociación da Prensa no ano 1904, chegando a ser o seu presidente.

O xornal madrileño ABC nomeouno o seu correspondente.

Eladio seguiu colleitando premios nas distintas cidades galegas. En  1915 premiáronlle en Lugo a súa Peza ``Sombras´´.

En 1916 créase a Irmandade da Fala da que foi membro , e colaborou en moitas das publicacións mais importantes.

O seu papel como membro da Academia Galega cobra maior relevancia pois é nomeado secretario da institución..

O 20 de Novembro de 1926, foi elixido por unanimidade  presidente da Academia Galega  Estivo á fronte desta institución só ata 1934 pois viuse na obriga da solicitar a renuncia por motivos de saúde.

O 14 de Abril de 1949 morreu na cidade de A Coruña este bo coñecedor do léxico galego, posto que durante moitos anos da súa vida estivera traballando na redacción do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano que publicou Galaxia en tres volumes entre os anos 1958 e 1961.

 

*Cronoloxía das súas obras.  

                   

1886-Obtén o primeiro premio nun certame literario celebrado en Pontevedra coa súa composición ``A noite de San Xoán´´. Aparecen as súas primeiras colaboracións na revista ourensá O tio Marcos d´a portela, e tamén nas galegas da emigración cubana A Gaita Gallega e Galicia Moderna.

1887-Concédenlle en Betanzos un premio á súa peza "Os orfos da emigración" .As súas composicións "Arrenégote moda" foi premiada co 1º accésit e a lenda en verso "O puzo d´o barco", gañou o caravel de ouro nese mesmo certame.

1891-A súa composición ``Desperta ´´ é premiada nun certame literario celebrado en Tui.

1894-Publica o seu primeiro libro de poesía titulado Folerpas.

1898-A Asociación Recreativa e Instructiva de artesanos publica "La última broma definitivamente" e "El gachó del cisne" dous apropósitos carnavalescos que escribira xunto con Alfredo de la Fuente.

1915-Concédenlle un premio en Lugo á súa peza "Sombras".

1916-O seu texto "Paisaxes" é galardoado en Santiago de Compostela.

1922-Sae á luz o seu poemario "Raza e terra"  co número nove da colección Céltiga.

1924-Recibe en Santiago o premio de honor na Festa de Língoa Galega coa súa composición "Oraciós campesiñas".

1958 e 1961- Publicación póstuma dos tres volumes do seu Diccionario Encliclopédico Gallego-Castellano.

 

                                                                                     

BÁTETE, CORAZÓN

 

Bátete, corazón, bátete,

bátete entramentres poidas,

que non baterte está a vida,

y-a vida sempre foi loita

y-a loita requer fortaleza,

y-a fortaleza é a groria.

O día que cheguen

a faltarche as forzas

é que vén para ti o descanso

eterno da Silenciosa,

que nos leva hastr´o carreiro

das escuras sombras,

onde todo acaba

y-onde todo pousa...

***

Bátete, corazonciño,

bátete e garda as túas coitas.

Gárdaas ben dentro, que a morte

non fala nin toa.

 

Eladio Rodríguez

 

 

                                                                                    Ana Marcos Cardo

                                                                                                3ª ESO A