ENTREVISTAMOS A BRAIS MACEIRAS.
Profesor
de acordeón aquí en Melide e membro do grupo de Susana Seivane.
Brais é un rapaz novo que comezou no mundo da música tradicional por casualidade e gustoulle; agora vive diso e transmite os seus coñecementos aos alumnos que agora queremos saber tanto coma el.
-
Nome e apelidos: Brais Maceiras Barreiro.
-
Lugar de nacemento: A Coruña.
-
Data de nacemento: 10-08-78.
P
- ¿Cando empezaches no mundo da música tradicional?
R
- Foi moi curioso, con doce anos quería entrar no equipo de fútbol de Elviña e
meu pai díxome que se quería xogar ó fútbol, tiña que toca-la gaita. Así
comecei.
P
- ¿E co acordeón?
R
- O meu profesor de gaita, Bieito Romero, tocaba o acordeón e a min comezou a
gustarme. Un día cheguei á casa e tiña o acordeón enriba da mesa; e dende
aquelas...
P
- ¿Canto tempo hai diso?
R
– Pois haberá xa catro anos.
P
- ¿Bieito Romero foi o teu único profesor?
R
– Non, tamén me ensinou o asturiano Xoán Expósito.
P
- ¿Cando coñeciches a Susana Seivane?
R
– Coñecina nunha banda que formou Bieito; alí tocabamos os dous e comezamos a
tocar xuntos nalgún grupiño.
P
- ¿Como comezaches a tocar con ela en serio?
R
– Cando lle chegou a oportunidade de gravar un disco díxome “ti vés co
acordeón”, e fun.
P
- ¿Tocas nalgún grupo máis?
R
– En serio non, gústame a carallada e a festa e, entón, apúntome a todas.
P
– A túa opinión de Susana Seivane.
R
- ¡¡Uf!! Está como unha cabra, pero é moi boa tía. Lévome moi ben con ela.
P
- ¿E de Cristina Pato?
R
- ...; tamén está algo tola, pero non me gusta o seu estilo. Musicalmente non é
mala, pero non estou de acordo coa súa forma de actuar, coa posta en escenario.
P
- ¿E de Manuel Varelita?
R
– A ese coñecino un día de borracheira. Presentáronnos uns amigos comúns ¡Tiña
uns pelos...! E dende aquela quedamos de cando en vez e agora levámonos moi
ben.
P
- ¿Que pensas de Melide?
R
- ¡Sáese! Sobre todo polas noites, as “juergas” son incribles, axuda moito a
xente.
P
- ¿Que tal ves a relación actual entre xuventude e música tradicional?
R
– Mellorou moito nos últimos anos. Hai moita xente nova que comeza coa gaita e
iso axuda moito.
P
- ¿Que opinas das “gaitas marciais”?
R
– Sen comentarios, mellor ver e calar, non quero darlles publicidade.
P
– A pregunta do millón ¿Que tal o panorama actual da música galega?
R
– Impresionante, estamos no mellor momento da historia. Hai moitos grupos e
moito nivel. A ver se continúa así.
P
- ¿Pódese vivir da música?
R
– Poder, pódese. Pero non se pode se queres vivir ben. A min polo de agora non
me vai mal, pero todo depende de que siga habendo concertos e alumnos.
P
- ¿Cando comezaches a dar clases?
R
– Con quince anos.
P
- ¿De que?
R
– D e gaita e acordeón.
P - ¿Cantos días á semana?
R
– Luns, martes, mércores, xoves e sábados.
P
- ¿Cantas horas ensaias ó día?
R
– Coa gaita, ultimamente nada e co acordeón pouco. Pero cando me poño non poño
límite, o que me apeteza.
P
- ¿Segues a prepararte?
R - Si, estou en 6º no
Conservatorio de Carballo e estou a sacar FÍSICA DE C.O.U. (todo
sobresalientes, por agora).
Isto
é o que deu de si o noso faladoiro con Brais.
Polo
que podedes ver é unha persoa activa, extrovertida e, ás veces, bastante
coherente ¡A tomar exemplo!
Un
saúdo dos teus alumnos:
Pikika.
Toño Bande Vázquez.