ESE “PARAÍSO” ESQUECIDO

 

 

“A pobreza non vén pola diminución das riquezas, senón pola multiplicación dos desexos”

Platón

 

“A terra produce o suficiente para satisfacer as necesidades de todos, pero non para satisfacer a súa cobiza”

Gandhi

 

“A historia do mundo é en gran parte a loita do home contra a fame”

 

René Massayeff

 

 

Nós xa sabemos que a metade do mundo pasa fame e miseria, e non necesitamos que ningún filósofo ou político nolo diga, pensamos, pero a realidade é que 600 millóns de nenos viven na miseria, 540 millóns enfróntanse a un entorno violento, e centos de miles morren a causa da fame ou enfermidades. Nos países desenvolvidos o 20% da poboación vive en condicións de pobreza (case medio millón en Galicia) pero…¿E nos subdesenvolvidos?

En África a situación agrávase por momentos, desde o punto de vista climatolóxico ata o político.

 

A década dos 90 foi a máis calorosa dos últimos dez mil anos, e esto non foi precisamente fortuíto. O alarmante uso de combustibles fósiles como carbón, gas e derivados do petróleo, así como a expansión da agricultura coa correspondente deforestación acelerada, están a producir o maior cambio climático de toda a historia: a subida da temperatura dos océanos pola fusión dos glaciares así como dos casquetes polares farán que numerosas terras de cultivo queden anegadas pola auga, coa conseguinte repercusión na agricultura. As estacións climatolóxicas, tal como hoxe as coñecemos, serán historia xa que se volverán máis irregulares e terán lugar fenómenos como furacáns máis intensamente.

 Por se isto fose pouco, as repercusións na saúde serán mortíferas:        a calor favorece a formación de nubes ácidas e a proliferación de parasitos como os causantes da malaria (paludismo), encefalite, dengue… Atacando estes a poboacións enteiras onde non existen medios para combatelos e as medidas hixiénicas son escasas, polo que acabarán case con todos os habitantes                                           

 

(Principalmente nenos e vellos). As secas deixarán a millóns de familias sen o único medio de subsistencia, a agricultura.

 

Pero o máis curioso e irónico de todo é que África é o país que menos contamina do mundo e, sen embargo, é o que paga as consecuencias dos excesos do primeiro mundo.

 

Pero a situación na que se atopa África, e como ela moitos outros países, non é só debido á situación climatolóxica, senón que hai que ter en conta outros preocupantes feitos, como son as guerras, que teñen neste o seu campo de loita, ante a impasiva mirada das autoridades; e na súa maioría (por non dicir na totalidade) son provocadas, indirectamente pero provocadas, polo home branco e a súa egocéntrica actitude de engrandecemento a conta dos demais.  E qué máis mostra disto necesitamos que os conflictos que envolven a Guinea Conakry, Serra Leona e Liberia ( só por citar unhas poucas, se  non a lista sería inacabable) relacionados directamente co tráfico de armas e de diamantes. E o peor de todo é que situacións como esta son lamentablemente apoiadas pola figura do presidente ou mandatario en cuestión, neste caso o presidente de Liberia,  Charles Taylor. Réximes autoritarios como este reprimen ós que o critican, con  monstruosos castigos.  A guerra civil de Liberia está revestida de especial brutalidade:  ás mulleres embarazadas abríaselles o ventre para extraerlles o feto, estes actos eran ordes directas de Taylor, que eran levadas a cabo por nenos soldados, anteriormente drogados para que actuaran con maior severidade e fóra de si.

O máis sorprendente de todo é que presidentes como este son elixidos convocatoria tras convocatoria, polo medo que o pobo ten ás represalias, cando o único que anhelan é a paz.

 

 

Sen dúbida o máis triste de todo é que a riqueza dos países africanos sexa o que provoque a súa destrucción. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Betania