ESTOU FARTA

 

-         Estou farta de que penses que estou toliña por ti.

-         Estou farta de que sintas compaixón de min.

-         Estou farta de que carrexes co meu recordo como unha carga pesada que levas ás costas.

-         Estou farta de que ti e os teus amigos o pasedes ben a conta de criticarme.

-         Estou farta de que te creas que es o mellor que me pasou.

-         Estou farta de que me mintas.

-         Estou farta de que finxas.

-         Estou farta de que non te atrevas a dicirme o que pensas.

-         Estou farta de ser a mona do teu circo.

-         Estou farta de que non sexas capaz de enfrontarte contigo mesmo e cos teus sentimentos.

-         Estou farta das túas cheas, que non son tales.

-         Estou farta de que digas que cada día teño un ligue novo, ¿E ti que sabes?, ¿tanto che importa a miña vida?

-         Estou farta de todo o que me poida recordar a ti ou teña que ver contigo.

En conclusión, estou farta de que sexas tan monicreque e te deixes levar por todo can e gato que se che cruza no camiño.

 

                                                                  MERCHI