GAME OVER
A meu curmán Alberto
Setembro
2000
Mañá
do xoves
Antón
ten 30 anos. Leva case dez conducindo a súa furgoneta, encárgase de repartir o
pan a tódalas aldeas dos arredores. E novo, feliz. Gústalle saír, ver a moza,
levala ó cine... sempre e cando non o obrigue a ver unha de Richard Gere...
Alberto
ten 5 anos. É o meu curmán. Vive nunha desas aldeas ás que vai Antón. Gústalle
o seu pan, sobre todo con chocolate. É feliz, encántalle ver a tele, aínda non
ten moza para ir ó cine, pero gústalle unha nena da súa clase. O da clase non
lle gusta moito, ben, si... cando remata. De maior quere ser piloto de
carreiras. Agora “pilota” só a súa bici.
Tarde
do xoves
Antón vai a toda présa facer o último percorrido. Unha soa parada máis e á casa. Quere durmir. Gústalle correr, séntese o amo da estrada cando vai de présa. Domínao todo. É coma un xogo para el. Séntese seguro.
Alberto
espera con ansias a chegada do pan. Van ser as seis. Xa ten fame. A súa nai
enreda na cociña. A súa irmá tamén ten fame, acende a tele. Alberto é inquedo,
moi inquedo. Non é capaz de estar sentado. Colle a bici. Imaxina que é un
piloto famoso, nesa última carreira que o levará ó máis alto.
Antón
acelera con forza, non aguanta máis, ten sono. Está canso. Acércase á casa de
Alberto. Segue pola pista, é estreita. Non chove. As vacas pacen ó lonxe.
Tranquilas.
Alberto
segue coa última carreira. Dá voltas e voltas ó redor da casa... Corre moito. Ó
igual que Antón, coa súa bici tamén se sente o amo.
Xa
queda moi pouco para chegar á casa. O último... xa chega. “¿Que foi iso?
Alberto
xace no chan. A furgoneta levouno. Está morto. Acabou a última carreira para
el. Acabouse o xogo para Antón.
A
última carreira, a derradeira... directa ó ceo. Ó máis alto. Rematou o xogo. Game
Over.
Cando
imos conducindo pensamos que somos os reis do asfalto, que nin o acelerador,
nin as copas, nin os despistes, nin a choiva... nada, parece que poida estragar
ese soño de dominalo todo. Nada parece que poida estragar ese soño de vivir.
Pero non podemos dominar nada.
Aínda
que soe a tópico inútil, “se bebes non conduzas”, aínda que sexa incómodo, leva
o cinto, aínda..., porque aínda que che pareza mentira, pódeche pasar a ti ou
ós teus.
Conducir non é un xogo. Lembra que é
mellor chegar