GANDHI.
Mohandas Gandhi naceu na India en
1869 no seo dunha familia importante. Cando tiña trece anos casárono cunha nena
da mesma idade chamada Kasturbai.
Gandhi fíxose avogado e chamouselle
Mahatma, que significa home santo e bo. Loitou dende moi novo pola igualdade
dos indios en Sudáfrica. Fixo uso de métodos non violentos, como romper en
público leis inxustas, folgas de fame, manifestacións pacíficas, etc. Na India
empregou os métodos iguais non violentos para consegui-la independencia dos
británicos.
Gandhi é coñecido en todo o mundo
como o apóstolo da non violencia. No ano 1947, a India conseguiu a
independencia gracias a Gandhi. Un ano despois, concretamente o 30 de xaneiro
de 1948, Gandhi foi asasinado. As súas cinzas foron botadas ó río Ganxes.
Cada 30 de xaneiro celebrámo-lo día
da Paz para homenaxear a Gandhi, a Alma Grande.
Vanessa.
1ºESO C