“IMOS CONTAR MENTIRAS...”

 

            Tiña escrito un artigo para darvos a coñecer a todos a “Fervellasverzas”, un pequeno grupiño de música tradicional que comezou a súa preparación haberá un ano aquí en Melide. Os integrantes son todos coñecidos vosos e no artigo falábase un pouquiño de cada un, nada que os que os coñecedes non saibades. Por suposto, antes de entregalo quíxenllo ler por se querían engadir algo a aquel pequeno escrito que explicaba a nosa intención pachangueira, as ganas de festa e que, de paso, se podía facer algo bo. E si que quixeron engadir. Quixeron engadir o título, querían cambiar o lóxico “Fervellasverzas” por “Imos contar mentiras”. Pois aquí o tendes.

            Non é un artigo tan extenso como o outro porque o que quedou claro é que non vou volver pasar nin o máis mínimo esforzo por facer algo no que vos implique.

            ¡Ah! ¡Esquecíame! Despois querían que se publicase, despois dicían “publícao que non está tan mal”. Xa, claro, despois de desprezar o que levara máis tempo facer do que eles están na Noela ó día (¡que xa é tempo!), despois de dicirme que o que acababa de facer era unha merda, despois querían que se publicase. Non, gracias.

 

Pikika.