INMA LÓPEZ SILVA

 

            Inma López Silva é unha xove escritora nacida o 3 de maio de 1978 en Santiago de Compostela, con residencia actual en Bertamiráns e con raíces en Santiso e Melide.

            Estudiou filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. Empezou a gustarlle a idea de ser escritora cando era aínda moi novo e púxose a escribir cando tiña só 16 anos.

            Despois de gañar algún que outro premio cos seus relatos, decidiuse a escribir un libro que é o publicado en 1996 “Neve en abril”, que recibiu o premio Rúa Nova. Logo, no ano 2000, publicou o que foi o seu segundo libro “Rosas, corvos e cancións”, que tampouco pasou desapercibido nos concursos literarios, xa que algunha das historias contadas neste libro recibiu algún premio. Esta obra é moi interesante, xa que mostra a esperanza da xove escritora que creou o seu propio mundo literario.

            Inma, á parte dos seus dous libros, tamén traballa na prensa con críticas literarias e teatrais, o que ocupa a maior parte do seu tempo.

            Seguro que nos chama moito a atención a cantidade de cousas que fai esta muller, pero sen dúbida, o que creo é que o máis chamativo dela é o nova que é  e a cantidade de cousas que levan a súa sinatura, por iso ela é, como non, un bo exemplo a seguir.

            Inma estivo falando con nós na Casa da Cultura o pasado mes de marzo.

 

                                                                                                Eva Mº Balboa Oro

                                                                                                Helena Pazos Fernández