¿ISTO SERÁ A VIDA?
Non sei onde estou nin tampouco a onde irei
parar, simplemente que aquí eu
estou ben,¡¡¡ CHACHI!!! , de algo me soa esa palabra, igual a escoitei algunha
vez, non sei, soa ben.
Xa
digo, non teño a mínima idea de onde estou , pero...¡¡¡TASE TAN BEN!!!
Algo
ten que haber no exterior desta capa graxenta, pero a miña memoria non dá
atopado o qué....
Paréceme
escoitar voces que proveñen de alá fóra , pero non atino qué debe ser...
Boto
o tempo durmindo, estase tan ben...
¡¡¡Shsss!!!
Parece que escoito algo ¿que é?, ¿que din?
-Isto
é vida ...
As
palabras son case inintelixibles, pero eu intento pór atención e escoitar o que
din....¿Que estará a pasar por aí fóra?
-¡¡¡EI!!!¡¡¡EI!!!-Berro
e patalexo, pero parece ser que ninguén me escoita. Agora escoito unhas
palabras
-Vai
para futbolista...
-Cariño,
ti sempre pensando no fútbol...
-Este
vai ser mellor ca Raúl...
Falan
de min, se saben que eu estou aquí...Non, non é posible, se saben que eu estou
aquí, igual me sacan deste fermoso fermosísimo lugar, "non, esta é a miña
casa, ¡¡¡ non quero saír de aquí!!!”
Volvo
escoitar palabras, pero ninguén parece escoitarme...Mellor así.
Nuns
segundos paréceme escoitar uns berros de sufrimento e dor...¿Que estará a
pasar?Sinto que me empuxan, que me sacan da miña coviña...Respiro algo
fresco...Pétanme...¿Que se cren eses seres para petarme? Choro, pegan cada
unha...Lávanme.
Cólleme
alguén xeitosiñamente, non entendo nada... ¿Por que?
¿Por que tanto movemento?Bícanme...Ó fin podo abri-los ollos, vexo unha muller, mírame e sorrí, fálame, quero contestarlle e non podo...Só me saen babas...
Como
antes escoitei..... ¿ISTO SERÁ A VIDA?