por Alejandro Vázquez Yánez 3º D
Margaret Teixeira Mato 3º D
I
Aínda que non o pareza, estes dous termos (liques e contaminación) están relacionados xa que os liques poden ser bioindicadores da contaminación atmosférica. Esto é debido a que os liques son sensibles á contaminación e, así, observando as distintas especies e a súa abundancia nunha cidade ou vila saberemos o nivel de contaminación do aire. Esto é o que fixemos nós.
As zonas que observamos foron:
Zona 1: fonte, parque, fonte dos catro canos
Zona 2: capela de San Roque
Zona 3: polideportivo, colexio nº 2
Zona 4: instituto novo
Zona 5: instituto vello, colexio nº 1
Zona 6: zona dos viños
Zona 7: ambulatorio
No seguinte cadro mostramos a relación que hai entre as especies de liques presentes e a calidade do aire. A presencia ou non destas especies está relacionada ca concentración de SO2 . Este gas, producido pola queima de combustibles fósiles, é responsable da chuvia ácida e de problemas de saúde relacionados co aparato respiratorio e irritacións nos ollos.
|
ESPECIE |
CALIDADE AIRE |
|
Usnea Evernia Ramalina |
Aire puro |
Parmelia |
Pouco contaminado |
Xanthoria |
Medianamente conta. |
Lecanora |
Moi contaminado |
En cada unha das zonas citadas fixemos unha mostraxe das árbores apuntando as observacións en cadros mediante números : Ausencia...................0
Pouco abundante......1
Algunha presencia....2
Moi abundante..........3
CONCLUSIÓNS:
En xeral, podemos dicir que a calidade do aire no que respecta á presencia de SO2 é boa, observándose que se dan maiores concentracións alí onde hai mais tráfico pois, aquí en Melide, esta é a principal fonte deste contaminante.