MAL
DE OLLO
Un dos principais perigos contra os que a xente do pobo sentía que
tiña que se protexer e tamén ós seus animais era o mal de ollo. Crer isto non
é tan universal como a bruxería. Sen
embargo, afectaba a moitas partes de Europa e tamén nos países mediterráneos
así como entre os musulmáns.
O mal de ollo, como a bruxería, é respectado por ser unha forza máxica
hostil, que afecta á saúde e á fertilidade, diferenciándose da bruxería en que
non é recoñecida como algo que se poida adquirir ou usar deliberadamente, senón
unha facultade daniña natural. Críase que moita xente nacera con ese poder, que
era transmitido a través dos seus ollos a calquera cousa que mirasen. Ás veces
era utilizado inconscientemente, pero podía incrementarse moito se era aplicado
cun espírito de envexa e hostilidade. Por esta razón, as comunidades onde o mal
de ollo era temido, eran moi remisas a sobrevalorar a alguén ou a algo e
incluso a escoitalo doutros. Eloxialo é como facer crecer a envexa e a envexa
encontrará a súa saída a través do mal de ollo. Facer cumpridos a un neno sobre a súa boa aparencia, saúde ou intelixencia,
ou facelo sobre un animal, é poñelo en perigo, entendendo que quizais esas louvanzas
poidan vir de alguén que teña o poder de botar o mal de ollo. Especialmente se
é un estranxeiro.Ó igual que outras crenzas en forzas malignas sobrenaturais.
Esta idea pode servir com unha explicación a moitas desgracias naturais. Na
actualidade, en Galicia moita xente aínda se queixa de que o mal de ollo causa
as enfermidades e mortes dos seus animais domésticos.
Durante o século XVIII e o século XIX , na
terra cha o primeiro día da primavera e
o día de San Xoán, non se lle permitía a ningún estraño mirar ós seus animais
durante todo o día. Por iso os animais eran encerrados, e incluso pola noite
eran vixiados polos seus donos para que ninguén puidese acercarse a eles. Tamén
se cría que a quen máis afectaba era ós cabalos, polo que eran cubertos de
adornos protectores de formas diferentes, como agora teñen que ser protexidos
os coches e os camións.
A crenza no mal de ollo permaneceu, en
esencia, desde a Grecia e a Roma clásica a través da Idade Media e o
Renacemento ata os nosos días. Naturalmente, foron reintroducidos dunha época a
outra. O mal de ollo causa dano a través da envexa. O veleno que proxecta na
súa mirada, envelena ese obxecto ou persoa.
Varias comunidades adoptaron unha gran
variedade de medidas para se protexeren deste perigo como amuletos, diferentes
oracións, xestos e rituais, xunto con gran cantidade de procedementos a
utilizar.Por exemplo:
Nas illas de Arousa, un home que pensase
que a súa enfermidade era debida a esta causa, debía tragar tres bocaladas de
auga onde unha moeda de prata fora colocada, e dicir o seguinte:
Primeiro:
No nome do Pai.
Segundo: No nome do Fillo.
Terceiro: No nome do Espírito Santo.
Noutra parte de Europa, nos países mediterráneos, a crenza no mal de
ollo estaba moi estendida, tanto nas culturas cristiás como islámicas. Esta
zona é rica noutros feitizos, algúns dos cales son antiquísimos, como é a
representación dun ollo protector que combatería o mal de ollo, baseado no
principio máxico de que os contrarios se destrúen. Unha forma que toma ese
debuxo é a dun par de grandes ollos azuis na proa dos barcos pesqueiros; outra
máis normal é unha conta de cristal azul cun símbolo branco e redondo no centro, que é un dos obxectos
protectores máis populares nos países árabes, Turquía e tamén en Grecia.
Outros amuletos mediterráneos como , por exemplo, os italianos:
Medias
lúas
Chaves
Sereas Ras Serpes
E tamén inventaron dous xestos obscenos tradicionais:
O primeiro é
O segundo
Este último é menos coñecido, pero nas
zonas costeiras de Galicia é moi utilizado. Nos países árabes, o máis común é
poñer a man cos dedos estendidos.
Outro moi común en toda Galicia, é colocar cornos de animais nas
paredes, tellados, nos linteis das portas e
nos cimentos das casas. Tamén os dentes de xabaril , que son utilizados
como colgantes.
María Salgado Vázquez. 1ºC