MALDITA GLOBALIZACIÓN

 

-         Mamá, mamá. ¿Cando marchamos de vacacións?

-         ¡Que pesada! Non o sei, depende de cando lle dean as vacacións a teu pai.

-         Joooooo, eu quérome ir...

-         Anda, ¿por que non vas comprar algunha lambetada e me deixas en paz?, e se ves a Manuel, dille que se deixe de andar en tanto patinete e veña facer os deberes. Toma, coido que deben chegarche 1000 pta.

-         ¿Só? Ben, tereime que conformar, ¡que sufrida son!

 

-         Mamá, xa estamos aquí. ¿Que hai de merendar?

-         Pois só queda chourizo.

-         ¡Pero mamá, a min non me gusta o chourizo, eu quero nocilla!

-         Pois a min apetéceme un bollicao.

-         Ben, ben. María, alcánzame a carteira. Veña, vide comigo e sen protestar, imos á tenda.

 

- Bufff ¡Que roubo! Por catro bobadas de nada 5000 pta.

-         Mamá, dáme 500 “pelas”, vou alugar unha “peli” para vela á noite.

-         Ben, pero mira ben a que traes, nada de violencia, ¿está claro?

-         Pois eu acábome de dar conta de que teño que ir á librería.

-         ¡Loado! Acabades comigo. ¿E a que, muller?

-         Teño que comprar un libro para o “cole”.

-         Pois espera que veña Manuel.

 

(Xa na librería)

 

-         Eu quería o libro O neno ledo

-         Mamá, mira que xogo máis chulo para a consola, cómpramo, porfiiii.

-         Está ben, ponme a Semana e a Hola e cóbrame.

-         Son 4000 pta.

 

(Unha vez na casa)

 

-         ¡Ola, Pepe!¿E  ti que fas tan cedo na casa? ¿Pasou algo?

-         Nenos, podedes ir xogar ó voso cuarto.

-         Pepe, estás a meterme medo.

-         Merlusina, cerraron a fábrica, din que hai moita competencia e que coas grandes empresas por contrincantes non se pode facer nada. Polo amor de Deus, teño familia. Teño case 50 anos, ¿Deus!, ¿Quen me vai querer contratar?, ata agora non eramos ricos, pero viviamos, mais agora...¡Maldita globalización!

 

B.C.Y.