COLABORACIÓN PARA INTRES DO
GRUPO 4° A - I.E.S. Melide
O grupo A de 4° de ESO realizou durante este curso académico dúas xornadas de intercambio co IES de Sanxenxo (Pontevedra). Os dous obxectivos desta actividade eran comparar a vida e a paisaxe duna zona costeira e dunha zona do interior, ademais de convivir con outros rapaces e fomentar o respecto pola diferencia. Cando os alumnos de Sanxenxo viñeron, tratamos de mostrarlles a base da economía de Melide (gandería) e mais a paisaxe particular da comarca (Toques). Cando nós fomos, quixemos ver o contraste: a paisaxe litoral, as actividades pesqueiras e de acuicultura (cultivo de mexillón), ...
Este é o relato que fan os alumnos desta experiencia.
Era marzo. Chegaron tarde. Moi tarde. Demasiado tarde (os de 4° A esperabamos dende había unha hora). Era a primeira xornada do intercambio co instituto de Sanxenxo. Di X. ( e L., e R., e O.,...) que valeu a pena a espera: o primeiro que baixa,....¡deslumbrouna! Pero a eles...¡todo lles cheiraba!
Ensinámoslles o Centro: a radio, os talleres, ...e a vila de Melide ( a igrexa e o Museo Terra de Melide); logo, subimos ó autobús e fomos á primeira explotación gandeira. Alí tivemos que poñer unhas calzas de plástico para previr infeccións que puideramos levarlle ó gando (andaban os xornais a voltas coa febre aftosa). Mentras, empezou a chover, xusto cando iamos xantar (para entón O., L., P.; ...xa estaban contentos). Quixemos que viran a Galicia interior aínda que non puidemos quedar na carballeira por culpa da chuvia. A pesar de todo o día rematou bastante ben.
Era abril.Chuviscaba, claro. Chegamos a tempo.Moi a tempo. Estabamos sós, non nos esperaba ninguén. Percorremos o patio e entramos na biblioteca do Centro (máis pequena que a de aquí, con menos libros). O reencontro foi emocionante (sobre todo para X.,L., R., O.). Subimos ó autobús e dirixímonos ó monte Siradella, onde tamén chovía (todo moi mollado). Tivemos que subir andando e cansámonos. Fomos ó acuario do Grove onde vimos moitos peixes e o pasamos moi ben. Algúns de Sanxenxo foron _______ porque marcharon comer con sus papás, sus mamás y hermanitos.
Paseamos nun barco pola ría de Arousa con música moi mala (non vimos nada polo fondo) pero foi bonito (di M.).
Despedímonos recomendándovos que o ano que vén o fagades.