MESES E DITOS
Xaneiro.-
“ O pan de trigo e de centeo, máis vale no bandullo que no seo”
“ Se as ras cantan no Xaneiro, sinal de fame en todo o eido”
Febreiro.-
“ Neve febreiriña, tarde vén e marcha axiña”
“ A calor da brasa, logo se pasa”
Marzo.-
“ Se por Marzo canta a ra, no maio calará”
“ Cando a fame pica, xa sabe ben a bica”
Abril.-
“ Con pan e viño, ándase o camiño”
“ O que de vello queira folgar, de novo ten que traballar”
Maio.-
“ Sogra, avogado e doutor, canto máis lonxe mellor"
“ Pan con fartura e viño con mesura”
Xuño.-
“ Auga do San Xoán, tolle o viño e non dá pan"
“ Diga o que diga a mala veciña, que o meu fol teña fariña”
Xullo.-
“ Se non che sobra o pan, non críes can”
“ Pan de pandeiro e viño da taberna, nin farta nin goberna”
Agosto.-
“ En Agosto, sol posto, noite connosco"
“ Un gran non enche o celeiro pero axudo ó compañeiro”
Setembro.-
“ Amasar e enfornar, festa no lugar”
“ O pan que non se vende despois de ir á feira, é coma a fariña que non se peneira”
Outubro.-
“ Dar é de señor, pedir é de servidor"
“ Mans que non dades, ¿que esperades?”
Novembro.-
“ Dálle ó rabo o can, non por ti senón polo pan”
“ Meu santiño Santo André,
eu cómo foi non sei,
fomos dous e viñemos tres”
Decembro.-
“ Día de San Nicolao,
está a nave de pao en pao,
e, se non, no chao”