MULLERES:
UN SÉCULO DE LOITA
A xente pensa que o século XXI é o
século das mulleres, que haberá igualdade en todo o mundo, e espérase que sexa
así. Mirando a situación das mulleres nalgúns países, os salarios das mulleres
seguen a ser menores con respecto ós homes. As mulleres, normalmente, fan as tarefas da casa.
O terreo económico segue sendo
levado polos homes. A evolución das mulleres no factor da educación obsérvase
en que diminuiu o analfabetismo na
poboación.
Para poder chegar a onde estamos agora
houbo que poñerse ó nivel dos homes. As mulleres empezaron a votar nos Estados
Unidos, o que se estendeu ós outros países. A polémica xurdiu cando se discutiu
a implantación no Parlamento español. As primeiras en acudir ás furnas foron as
vascas, no 1933. Isto sucedeu despois da polémica machista.
O
DEREITO Á EDUCACIÓN
Dende principios, tratouse de
mellorar a educación da muller, pois propoñía a obediencia e a pasividade. E a
maior parte das mulleres do campo só aspiraban a saber ler e escribir.
A finais de século XX isto cambiou
por completo e hai universitarias para acceder a postos académicos
O
DEREITO ÓS TRABALLOS
Ó comezo de século a muller comezou
a traballar fóra da casa pero eran traballos sen moito prestixio. Durante as
guerras, as mulleres demostraron que podían facer calquera cousa. Cando Franco
gañou a guerra, as mulleres volveron traballar nas súas casas; non podían ter
pasaporte, nin tampouco viaxar, nin ter comercios sen o consentimento do marido. Prohibíuselles traballar no sector
público ata 1961. Ó cabo duns anos puideron traballar coma xuízas e fiscais, e en 1968 en cargos políticos.
OS MODOS
DE VIDA
Ó transcorrer do tempo foron
cambiando os costumes, as modas e os modos de vida.
Nos anos 20 naceu a “muller
moderna”, chamada así porque fumaba, conducía coches, pilotaba avións, levaba o
pelo “ó garçon “, longos colares e
saias curtas. Foi unha minoría, pero marcaron a súa época. En 1939 inventáronse
as medias de nailon.
A través do século puxéronse de moda
os pantalóns e a roupa de corte masculino. Durante as guerras as auxiliares
femininas do exército usaban tamén pantalóns.
O movemento hippy tivo a súa propia moda que se estendeu á xente nova.
UN
NOVO FEMINISMO
Os libros de escritoras femininas
tiveron un gran éxito. Seguía existindo a igualdade en todos os sectores, con
dereito ó aborto con dereito ó divorcio, métodos anticonceptivos e garderías.
En 1970 quedaron establecidos
os dereitos da muller.
En
19000 as mulleres aínda eran amas de casa, e no 2000 seguiremos
realizando este traballo pero con moitas facilidades, con novos
electrodomésticos. Agora os homes axudan algo na casa; se non o fan máis, en
boa parte segue sendo labor das mulleres acadalo.
ANA
CONDE GARCÍA
CARMEN LIÑEIRA SÁNCHEZ