NOITE   DE  PRIMAVERA

 

            Era unha noite de primavera, o tempo estaba frío. El, coma tódolos días arredor das 10 da noite, estaba no bar onde soía quedar comigo e cos seus amigos.

            Era alto, moreno de pel e de pelo, delgado, ollos negros,...gustáballe saír de marcha, estar cos seus compañeiros, comigo (segundo dicía), en definitiva, todo o que lle gusta á xente da súa idade: ser feliz.

            No seu entorno, no seu redor, non era moi feliz. Tiña que ocuparse de todo, pois a súa nai estaba con el pero aínda así axudábao algo, e os avós xa eran vellos. Cos de fóra era un rapaz normal de 16 anos cheo de tenrura e cariño para ofrecérllela a quen lla ofrecera a el e, sobre todo, á xente que o quería.

            Esa noite comezou unha festa que rematou traxicamente. Chamábase Mario e era o seu aniversario.Invitou ós seus “amigos” a unha copa pero non foi unha senón varias, as suficiente para cocerse ben cocido. Nese estado non podía marchar, xa que non tiña conta de si, pero os seus “amigos” obrigárono a facelo, botárono de alí, mandárono á merda!! El fíxolles caso e colleu a súa moto e.  na curva que hai uns metros máis adiante, un coche que viña a bastante velocidade levouno por diante. Non morreu, quedou inconsciente (entenderedes por qué puxen amigos entre comiñas). Ós dous días espertou,eu estaba alí como cada vez que me necesitaba, intentando que me escoitara, non quería crer o que ía pasar pois o seu destino estaba marcado. Morreu dous días e trece horas máis tarde dunha hemorraxia cerebral.

            Del lembro todo, o seu sorriso, as súas ganas de vivir, os seus bicos, os seus consellos (del aprendín a escoitar, aconsellar  e non deixar á xente soa cando te necesita).

           

“Escoita,Mario, chegará un día no que serás capaz de dicir que non importa o medo nin a gravidade. Estou segura de que hai unha forma moito mellor de vivir para ti e para min aí enriba. A morte veute buscar e seguro que foi por algo, se non deixaríate quedar comigo.Mira o arco da vella que tes moi cerca e recórdame como o facías antes.Voa libre, coma o vento, agora tes máis liberdade que nunca, voa coma ese anxo que o ceo che enviou.

            Sei que te fuches pero para min non é para sempre, pois segue existindo ese día no        que ti e mais eu nos volvamos  ver. Non é o final e quero que dende aí me deas forza para que a miña dor non se converta en medo.

            Alédate de todo o que fixemos xuntos,isto non cambiou nada, busca algo do que poidas estar seguro, dixéchesmo a min cando te fuches e agora, recórdocho, búscao!! Recorda que sempre serás esa persoa que ocupará a maior parte do meu corazón.

            Os momentos nos que xogueteabamos xuntos, a forma na que berrabamos e riamos, os bicos que me dabas, nunca o esquezas, non me esquezas  a min!!”

 

            Decidín escribir isto en memoria súa, e dedícollo á xente que se atopa na situación de que perdeu a alguén moi importante na súa vida como Mario o foi na miña. Só vos pido que sexades fortes, que non vos fundades e sobre todo que confiedes en vós mesmos. Seguramente que esa persoa vos está dando forzas para que sigades para adiante. E tamén llo dedico a el, simplemente por darme todo o que me deu e por esa amizade e algo máis. Unha persoa máis que morreu inxustamente nunha  NOITE DE PRIMAVERA do 30 de maio de 1998.

 

                        LUCÍA VARELA            4º ESO A