RELATO PREMIADO NO CONCURSO "ENTRE NÓS EN GALEGO"

 

O AVOGADO E A SÚA LOCIÓN

 

            Había unha vez un home chamado Brais, que era alto, con ollos azuis, regordecho, pelo castaño e lentes.

            Vivía nunha vila chamada Melide, na rúa Almirante Brack, número vintenove.

            El estaba casado con Xoana, que era de Cuba. Ela traballaba nun supermercado de caixeira e tiñan vinte fillas con nomes moi bonitos: Rosa, Margarita, Clavelina, Pepita, Kanll, Merk, Rucci, Fiorela, Wkeni, Silvina, Fransses, Flowe, Rufina, Zeltia, Tahis, Wendi, Inge, Paulina, Hadriana e Roxelia, que era a máis vella.

            Brais traballaba de avogado nun bufete, Mahatma, para gaña-los cartos e así poder manter as súas fillas coa axuda de Xoana, a súa muller.

            Tiñan pola parte de atrás unha propiedade na que había un abeto que plantaran entre as fillas para facer de árbore de Nadal.

            Dez das fillas estaban casadas con dous dentistas, dous traumatólogos, dous cirurxiáns, un pediatra, un endócrino, un otorrinolaringólogo e a outra cun oculista.

            Catro das casadas tiñan fillos e fillas. As outras dez tiñan mozos que traballaban: dous de perruqueiros, un de profesor de galego, un locutor de radio, dous bombeiros, dous policías de mando superior, un transportista, un xardineiro que, aínda que creas que non, gañaba máis có locutor.

            Un día, xa todos vivindo na mesma casa, a Brais caeulle no xardín o bote da loción da marca Nivea Balsam de despois do afeitado. Isto trouxo moitos problemas: o cambio das flores en escaravellos e en escorpións e do abeto nun dinosauro.

            Cando chegaron as fillas e viron o xardín cheo de escaravellos, escorpións e un dinosauro preguntáronlle qué fora o que pasara, e seu pai contoulles o da loción máxica. Entón as fillas colleron o bote e fórono probando unha por unha na súa cara.

            Rosa converteuse en ensalada rusa rusa; Fiorela, en queixo; Zeltia, en escafandra; Rufina, en escaravello xigante; Wendi, en xirafa; Mekr, en libro; Rucci, en lagarto; Hadriana, en lebre; Roxelia, en limón; Tahis, en peixe; Pepita, en goma; Kanll, en globo; Margarita, en ovo; Clavelina, en pemento; Silvina, en plátano; Wkeni, en abelá; Flowe, en pedra; Inge, en lentes; Paulina, en galiña e Fransses, en cenoria.

            Eles, ó ver aquilo, pensaron que sería porque eran mulleres. Eles tamén probaron nas mans e todos se converteron en salchichas e patacas fritidas.

            Logo, Xoana, a nai, ó ver aquilo decidiu garda-la loción para que non pasara nada máis. Durmiron e ó día seguinte non viron a loción na bolsa de encima da mesa de noite e buscárona por tódolos lados; pero os outros seguían así, transformados durante un mes, dous, tres, catro, cinco, seis... E non a atopaban.

            Xoana lera nun libro de meigas que se o día 31 de xullo non botaba todo o bote de loción máxica por riba deles, quedarían así durante toda a súa vida, pero aínda tiñan tempo de alí a oito anos. E se non, quedarían así toda a súa vida.

            Entón Xoana non sabía qué facer, se botar a loción máxica ou non, porque ó mellor aquilo que dicía o libro era unha mentira como unha catedral. Xa se acababa o tempo. Só faltaban trinta días e Brais estaba traballando para buscar unha solución, porque el aínda non sabía nada do libro que lera Xoana.

            Os netos, chamados Roi e Pedro, eran de Fiorela; Rubén e Xaime, de Roxelia; Hadrián e Samuel, de Hadriana, e Xosé Manuel e Carme eran de Paulina. Todos eles pasaban as horas, os minutos e os segundos pensando nos seus pais, se volverían ser os mesmos de antes, persoas, para ter o seu apoio nas cousas importantes e ver como eles e elas se ían facendo maiores.

            Pasaban os días, cada vez máis rápido, e Xoana non sabía qué contarlle a Brais e ós seus netos que continuamente preguntaban qué pasaría cos seus pais e cos seus tíos.

            O día vinteoito de xullo Xoana non durmiu un só minuto en toda a noite pensando no que ía facer dentro de tres días.

            Ó día seguinte, atoparon Samuel e Hadrián debaixo do armario a loción. Non sabían qué facer e déronlla a Xoana para que fixera o que puidera, pero ela non sabía qué respostarlles ata que por fin esbourou e díxolles que se o día 31 de xullo non lles botaban a loción máxica a seus pais, quedarían así durante oito longos e duros anos, e ó cabo dese tempo poderían volver botarlles a loción máxica e volverían á realidade.

            Durante aquela longa noite do trinta de xullo, a muller de Brais non durmiu pensando en qué ía facer coas súas fillas e os seus xenros.

            Mentres que na outra habitación seis dos oito netos choraban sen cesar polos seus pais, os outros dous sorrían porque xa sabían a verdade.

            Ó día seguinte, xa a primeira hora da mañá, Xoana estaba almorzando cando de súpeto se lle acordou a loción, tirou as galletas e o leite e foi correndo buscar a loción máxica e a Brais, o seu marido, e os seus netos.

            Unha hora máis tarde, déronse conta de que a loción máxica non chegaba para todos. Só para os que estaban máis cerca: ensalada rusa rusa-Rosa, queixo-Fiorela, escafandra-Zeltia, escaravello xigante-Rufina, xirafa- Wendi, libro-Mekr, lagarto-Rucci, lebre- Hadriana, limón-Roxelia, peixe- Thais, goma de borrar- Pepita, globo-Kanll, ovo-Margarita, pemento-Clavelina.

            E ás outras non lles chegou a loción e quedaron así durante oito anos e, ó cabo dese tempo, colleron outro bote de loción, pero deuse a casualidade de que non era da mesma marca porque aquela xa non se fabricaba.

            Antes de botárllela por riba tiña medo de que non funcionase, porque non era da mesma marca, pero viron ó ila botando que todos ían volvendo á realidade, e dende aquela non volveron usar a loción por medo a que lles volvera suceder o de antes.

            Dende aquel famoso día todos pensaban que nunca lle poderían pagar aquilo a Xoana, pero, a pesar diso, todos conseguiron ser felices, excepto que tódolos rapaces estiveron un pouco anoxados con Samuel e Hadrián porque lles ocultaran a realidade que lles contara Xoana, pero ó fin entendérono e seguiron sendo amigos.

 

                                                                        Laura Barreiro Agra

                                                                                    1º ESO B