O Castro da Graña
O Castro da Graña sitúase en Mourelos,
parroquia de Santa María da Capela, concello de Toques (A Coruña).
O poboado, aínda que de reducidas
dimensións, destaca sobre o contorno. Ten forma ovalada e está defendido por
unha muralla carecendo, polo momento de vestixios de foxos.
Cronoloxía
Probablemente o poboado comeza a ser
habitado no século VIII a.C. cando ten lugar o comezo da Cultura Castrexa, no
paso do Bronce Final á Idade de Ferro, hai uns 2.800 anos aproximadamente. A
última ocupación, romana, chega ata o século II d.C.
Estas datas, resultado da análise
radio-carbónica, están confirmadas polos materiais aparecidos nas escavacións.
ANTES DA VISiTA
Coñecer
para protexer
O Castro da Graña é nestes momentos
un exemplo de respecto ó Patrimonio arqueolóxico pensamos que único en Galicia.
O xacemento, en terreos de
propiedade privada, é visitable gracias ó coidado que teñen del os seu donos,
que non só se encargan da súa sinalización, como se pode apreciar, senón da
limpeza e mantemento.
O castro está cercado e ten dúas
cancelas, a da dereita pódese abrir dende fóra, aínda que hai que deixala
pechada porque no recinto pode haber gando solto ou cabalos.
Cultura
Castrexa
Cultura Castrexa ou Castrexo adoita
chamarse ó período que transcorre durante a Idade do Ferro no noroeste
peninsular por se-los castros os asentamentos das xentes desta época.
Algúns chámanlle só Idade do Ferro,
porque a Cultura Castrexa aparece cando remata a Idade do Bronce no I Milenio
a.C.
Os
Castros
Son lugares onde se establece a
poboación ou asentamentos.
Moitos adoitan estar situados en
zonas elevadas e despexadas, o que facilitaría a visualización, defensa e o
dominio dos contornos.
Hai castros rodeados dun deste elementos,
pero é común que aparezan combinados.
Defensas
Unha vez traspasada a porta e xa
dentro do xacemento, o camiño bifúrcase (non está rematado de escavar) formando
nese punto (nº 4) unha especie de praza.
Á esquerda do punto onde se abriría
o camiño pódese ver un terraplén e á dereita vemos un tramo de muralla escavada
(nº 5). O poboado está delimitado por unha muralla e un terraplén de terra con
contención a base de grandes pedras, enriba do cal, a partir do cambio de
Era, constrúese a muralla de pedra que
vemos hoxe.
Escavacións
O Castro da Graña foi catalogado en
1933 polo Seminario de Estudios Galegos. Sen embargo, o xacemento non será
escavado ata que en 1987 se asina o convenio de Colaboración entre a Universidade
de Santiago de Compostela, o Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Lodz
(Polonia) e o Museo Terra de Melide.
Estes traballos arqueolóxicos
estiveron dirixidos por Fernando Acuña Castroviejo, Gonzalo Mejide Cameselle,
Jerry Kmiecinski, Tadeusz Crabarczyk e Jacek Blaszczyk.
As escavacións desenvolvéronse dende
1987 ata 1993 de xeito ininterrompido. Dende entón, non volveron realizarse
máis escavacións sistemáticas no castro.
Construccións
Achegámonos agora ata a primeira
construcción que hai xunto á muralla. Tódalas construccións á vista son de
época romana, sen embargo, este xacemento é moi interesante dende o punto de
vista arqueolóxico porque nel se documentaron nas escavacións diferentes
estructuras que, maila non seren xa visibles, axudan a entender que o
poboamento castrexo non é uniforme ó longo do tempo.
A maior profundidade, máis antigüidade,
e en baixo de todo, na rocha nai, apareceron fondos de cabana, restos de pisos
ou dos alicerces das primeiras cabanas do poboado.
Estas construccións atopáronse moi
destruídas. Só existen algunhas fiadas da cimentación dos muros, é dicir, hai
elementos diferenciados de lousa separando a parte orixinal da reconstruída.
Debido ós escasos fragmentos de "tégula",
tella romana, atopados, pénsase que a cuberta máis usada debía se-la de
materiais vexetais.
O ACHADO
Escultura
As esculturas que representan unha
cabeza atópanse en todo o ámbito da cultura castrexa e tivéronse durante moito
tempo como a imaxe da escultura en Galicia.
Hoxe esta idea non se mantén, xa que
as recuperadas en escavacións, como estas, aparecen en niveis romanos.
Aparecen debaixo da derruba nunha
das portas de acceso. Probablemente estaba colocada no cumio duns torreóns con
carácter apotropaico, é dicir, que afasta o mal.
Unha
longa vida no castro
No Castro da Graña documéntase unha
longa ocupación dividida en tres grandes fases, atendendo á cronoloxía obtida
con análises de Carbono 14 e os materiais recuperados.
A primeira fase de ocupación data do
período formativo da cultura castrexa, hai uns 2.700 anos. Aparecen fondos de
cabana delimitados por gabias na rocha con anacos de pequenas olas moi bastas e
feitas a man.
Á segunda fase, hai aproximadamente
2.000 anos, pertencen os fondos da cabana definidos por un zócalo de pedras
fincadas como anacos de cerámicas,
lisas e decoradas, feitas a man e con torno.
A partir do cambio de Era produciuse
unha transformación no poboado: comézase a usa-la pedra en lugar dos materiais
vexetais e perecedoiros empregados antes.
Como
chegar
Dende Melide a Toques, a 50 metros
da Casa do Concello de Toques hai que coller unha pista á esquerda que vai a
Mourelos. Hai un sinal na entrada. Despois, compre virar á dereita.
O castro está á esquerda e cercado.
Pódese deixa-lo coche fronte á cancela e bordealo pola dereita, onde hai outra
cancela que se pode abrir. Permítese o paso.
Mª Isabel Sueiro Carrón. 1º-C