Comercio
O
Ciclo Formativo de Comercio é unha das ramas da nova Formación Profesional
Específica. Os obxectivos e os perfís profesionais deste ciclo son os
seguintes:
PERFIL
PROFESIONAL:
__Unidades
de competencia
1.Organizar
e controlar as operacións de almacenaxe de productos.
2.Realizar
as actividades de animación do punto de venda.
3.Realizar
as operacións de venda de productos e/ou servicios.
4.Administrar
e xestionar un pequeno establecemento comercial.
MÓDULOS
PROFESIONAIS:
1.Operacións
de almacenaxe.
2.Animación
no punto de venda.
3.Operacións
de venda.
4.Administración
e xestión dun pequeño establecemento comercial.
5.Aplicacións
informáticas de propósito xeral.
6.Lingua.
7.Relacións
no equipo de traballo.
8.Formación
e orientación laboral.
9.Formación
no centro de traballo.
Rematando
este ciclo formativo, recibirás o titulo de Técnico en Comercio, e requeriránseche nos campos ocupacionais
concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:
__Recepción
e control da mercadoría.
__Valoración
da mercadoría en almacén.
__Confección
dos carteis do establecemento.
__Montaxe
do escaparate.
__Preparación
de lineais de productos.
__Atención
ó cliente.
__Realización
de cobros e de pagos.
__Administración
e xestión dun pequeño establecemento comercial.
__Venda
de productos.
SAÍDAS PROFESIONAIS DO CICLO
FORMATIVO DE COMERCIO:
O
alumno/a cando remata o ciclo formativo de comercio de grao medio pode optar ós
seguintes postos de traballos:
__Comerciante.
__Empregada
de reposición.
__Dependente
en xeral e de oficio.
__Encargado
de tenda.
__Vendedor
técnico.
__Representante
comercial.
__Xefe
de caixa.
__Empregado
de atención o cliente.
__Almacenista.
__Empregado
de axencias comerciais.
Segundo
o publicado o 4 de Marzo de 2001 por “LA VOZ DE GALICIA”, a demanda laboral
obriga a revisar a oferta dos ciclos de F.P. que existen en Galicia para
adaptalos á súa estructura productiva. O ano pasado, segundo os datos do
Instituto Galego das Cualificacións, foron as especialidades de peón de
industria manufactureira, empregado administrativo, albanel e dependente de
comercio as rexistraron maior número de contratacións en Galicia.
OCUPACIÓNS
CONTRATADAS NO 2000:
Provincia
de A Coruña: 20363 postos.
Provincia
de Pontevedra: 11521 postos.
Provincia
de Ourense: 1504 postos.
Provincia
de Lugo: Menos de 1780 postos.
VANTAXES
E DESVANTAXES DO CICLO.
Vantaxes.
Proximidade,
pois ó existir no IES de Melide non tes que desprazarte a outros pobos cercanos
como Arzúa, Palas de Rei, Lalín, etc. Con isto de non ter que desprazarse
conséguese máis riqueza para o noso pobo, pois pode ser que a xente que resida
fóra del teña que xantar nos restaurantes por mor das clases polas tardes.
O
noso ciclo só dura un ano teórico e tres meses prácticos, polo que nese tempo
estarás traballando cun título.
As
materias que se imparten no Ciclo de Comercio son unicamente as esenciais para
desenvolverte no teu posto de traballo.
Desvantaxes.
Ó
ser o primeiro curso académico no que se imparte este ciclo hai poucas cousas
materiais, soamente as imprescindibles.
Cando
a maioría do instituto xa foi de excursión, nós, aínda que loitamos por ela,
non conseguimos, polo momento, saír do centro, a pesar de que parece que xa hai
unha viaxe aprobada.
REFLEXIÓN
DO ALUMNADO.
Algúns
rapaces do instituto desprezan este ciclo por crer que é só para mulleres.
Pero... ¿non hai homes nas tendas de Melide? ¿Non hai homes
bailaríns? Pois sabede que
neste ciclo pasa o mesmo, e, aínda que maioritariamente o alumnado está
composto por rapazas, tamén hai rapaces ós que non lles importa o que diga a
xente senón o seu futuro. E é que isto, aínda que non o creades, é para poder
conseguir un traballo e o día de mañá poder dar de comer ós nosos fillos e
poder levar unha vida estable. Polo tanto, estes rapaces son tan ou máis homes
cós demais. Xa sabedes, ¡estes rapaces pensan no seu futuro!
CONCLUSIÓN.
Para
rematar con este artigo, queremos animarvos a que vos matriculedes neste ciclo,
se tedes interese, pois hoxe en día toda a Formación Profesional ten moitas
saídas. E aínda que todos os recursos que teñamos non sexan os suficientes por
ser o primeiro ano, co tempo solucionaranse as carencias.
ALUMNADO
DO CICLO FORMATIVO DE COMERCIO.