O
COMPORTAMENTO
Persoalmente
sei que o comportamento que hai que ter na aula ten que ser correcto: non falar
mentres a profesora está impartindo a súa materia, non despistarse na clase,
senón atender ás explicacións, non facer bromas cos compañeiros, non burlarse
da profesora, non levantarse sen o consentimento da mestra, facer exercicios,
entre outras cousas. Pero tamén creo que hai que ter en conta o estado
emocional do alumnado. Moitas veces vimos do recreo e aínda estamos moi activos
e non nos damos adaptado á clase. Outras veces temos algún problema que non nos
deixa concentrarnos na materia que nos toca.
Tamén
hai que poñerse na situación da xuventude e pensar que estamos nunha idade con
moitas emocións, confusións..., é dicir, o o que se lle chama a "idade do
pavo".
O
papel do profesorado é bastante difícil porque ten que aguantar e dirixir a
toda a panda de inmaturos que somos nós. Pero creo que se unha persoa ten
vocación para profesor/a, o que ten que facer é educarnos, tolerarnos e
respectarnos.
Iolanda López Garabatos
S3B