O
GRELO ESFÉRICO
Caían
as doce da noite cando Tertuliano chegou á súa casa; era unha vivenda de
construcción recente, pequena e sombría que estaba edificada a carón dun bosque de piñeiros. Tertuliano
introduciu a chave e, cando o fixo, decatouse de que a porta xa estaba aberta,
entón comezaron a tremerlle as pernas, e máis o fixeron cando sentiu que o
televisor estaba aceso e case cae ó chan cando viu un home descoñecido sentado
no seu sofá mirando a programación nocturna.
O
home logo se decatou da presencia de Tertuliano e virouse cara a el suavemente
e con un macabro sorriso na cara, entón Tertuliano recoñeceuno, era Nino
Palermo, un famoso taxidermista, pero o que el non sabía era que as súas
actividades como tal só eran unha
tapadeira para os seus escuros negocios e que, en realidade, era un alto mando
na Mafia rusa.
Antes
de que puidese dicir nada, o home da coleta xa lle estaba falando:
-
Te preguntarás que estoy haciendo aquí, pues
bien, te diré que no me dedico a disecar animales y que he venido porque tienes
algo que me pertenece. Por Dios... no se si me explico.
Tertuliano
seguía calado aferrando con forza as chaves da casa.
Palermo
proseguiu:
-
Hace muchos años un viejo barco de la Armada
Estadounidense transportaba un cargamento de armas, entre ellas y disimulada
entre el resto de las armas se hallaba una cabeza nuclear, la más avanzada y
peligrosa del momento que se podía activar desde un ordenador cualquiera
gracias a un pequeño microchip, pero ese microchip fue robado y escondido en
algún lugar, luego tuve noticias de que fue escondido en un mechero como este
que tengo en la mano.
Agora
Nino Palermo acendía un puro e poñíao na boca.
-
... Y tengo motivos para creer que usted
tiene ese mechero ¿me entiende?
Tertuliano
tiña por casualidade un antigo acendedor no peto e só por seguirlle a corrente
a Palermo botoulle a man e ensinoullo.
-
¿Pode ser este?
-
Es posible, déjeme verlo.
-
¿E se non quero darllo?
-
Entonces quizás tengamos que usar otros métodos
aunque yo no quisiera... Por Dios...
Dixo
isto mentres sacaba unha navalla do peto e se levantaba dirixíndose a
Tertuliano, pero Tertuliano en vez de
asustarse lembrou o que fixera cando o atacara o lobo; puxera o brazo por
diante do corpo e mentres o lobo llo desgarraba, coa outra man cravoulle o
coitelo e quixo facer algo parecido, así que sacou rapidamente a chaqueta,
envolveuna no brazo esquerdo, no que aínda lle quedaban marcas do lobo, e
poñendo ese brazo por diante para protexerse da navalla de Palermo lanzouse a
el dándolle puñetazos coa outra man ata que lle tirou coa navalla.
-
¡A ver que fas agora! ¡Cabrón!-berraba
Tertuliano.
Pero Palermo reaccionou e cando Tertuliano o
lanzou contra o sofá sacou unha pistola e apuntoulle facéndolle soltar o
cinseiro de vidro que tiña na man.
-
Has cometido un error, amigo, vas a hacer que
pierda los nervios y no tengo mucho tiempo, así que dame ahora mismo ese
maldito encendedor.
A Tertuliano,
de volta á realidade, volveron a tremerlle as pernas e lanzou o
chisqueiro ó chan. Nino Palermo abriu un
maletín que tiña e sacou un pequeno desaparafusador co que foi desmontando o chisqueiro
sen atopar o que buscaba.
-
Mi paciencia se acaba y espero por su bien
que me diga donde ha escondido el microchip.
-
¡Déixeme en paz! Eu non teño o que busca
-dixo enfadado Tertuliano
Pero
Palermo atouno ó sofá cun arame que traía, logo colleu o teléfono móbil e fixo
unha chamada. En dez minutos alguén entrou pola porta; era baixo e groso e traía
unha maleta parecida á de Palermo que puxo sobre a mesa.
-
Yo en su lugar hablaría, y si no lo hace,
este amable caballero va a encargarse de que lo haga- dixo Palermo mentres
acendía outro puro.
Tertuliano
sabía que tiña un problema, debérase confundir con outro, porque el
non
sabía nada de ningún microchip, pero iso sabíao el e non o home que estaba
sacando un frasco de alcohol e unha caixa de mistos do maletín e agora se
dispoñía a baleirar o frasco sobre el.
O
home que sostiña a caixa de mistos preto do corpo húmido de Tertuliano era
Calucho Kiskoros, traballaba para Nino Palermo e despois de acender un misto e
antes de deixalo caer sobre Tertuliano díxolle:
-
Creo que esto te va a doler y creo que es
mejor que nos digas lo que queremos saber.
Pero
Tertuliano seguía repetindo que aquelo era un erro e conseguiu que Kiskonos
soltase o misto. Feito iso, os dous mafiosos prendéronlle lume á casa e saíron
cara o coche.
Mentres,
Tertuliano ardía e berraba ata que de súpeto se lle foi apagando a chama azul
que o cubría debido a que o frasco de alcohol que utilizara Calucho estaba
caducado, entón puido liberarse das súas ataduras gracias á navalla de Palermo
que atopou no chan, e saíu rapidamente da casa en chamas vendo dous automóbiles
afastándose pola corredoira.
Nunca
corría tanto e non controlaba moi ben o vehículo nas curvas, era un vello Seat
Panda o que conducía Tertuliano. No asento de atrás ía Tchulopocho, o seu can
de presa e no do copiloto estaba a súa boneca inchable que non lle dera tempo
de sacar, perseguía ó BMV negro que conducía Nino Palermo e quería botalo da
estrada e quería ver a Palermo agonizar entre os ferros do coche, e quería
matalo porque el o intentara matar antes e, sobre todo, porque non tiña outra
cousa que facer, así que pisou máis alá do tope o acelerador ata poñerse de
lado de BMV e deu un forte volantazo á dereita como vira facer nas películas, o
coche negro só sufriu unha pequena aboiadura, pero o seu comezou a encherse de
buratos e daquela Tertuliano non deu controlado o coche porque el tamén tiña un burato no costado e
foise á cuneta, entón o outro coche detívose e saíu del un home con coleta e
con unha automática na man disposto a darlle un último tiro a Tertuliano, pero
de súpeto saíu Tchulopocho pola ventá rota e botouse a Palermo, directamente ó
pescozo e este non puido facer nada máis.
Fixouse
na enfermeira que o atendía, era loura e tiña o corpo cheo de pencas, alí tamén
estaba Calucho Kiskoros botándolle unha mirada melancólica e ensinándolle o seu
carné falso da CIA, explicáralle que quería atopar o chip para destruílo
aproveitándose da información de Palermo e por iso estaba infiltrado na Mafia,
e por iso utilizara alcohol caducado, e Tertuliano entendeuno case todo, pero o
que el non sabía era que Calucho Kiskoros en realidade se chamaba Ambrosio, aínda
que era máis coñecido como Pakopp e que era subtenente da Armada dos Estados
Unidos.
Pablo
Vázquez Ríos
B1ºA
Este
relato está inspirado en O grelo
mecánico de Xan Fernández García e en La carta esférica de Arturo
Pérez
Reverte.