¡Ola, meu amor!

 

Son xa anos os que levo chamándote así, pero soamente na miña mente e no meu corazón, porque a ti é imposible dicircho e, aínda que cho puidera dicir, nin sequera me escoitarías, e se o fixeses, soamente o tomarías ás risas, ¡coma sempre!

            Recordo a primeira vez que te vin, estabas aí, tan fermoso coma sempre, co teu sorriso de orella a orella e mirando para ela; ¿por que a vida ten que ser tan difícil?

            As miñas amigas xa mo dicían, ¡estaste namorando!, pero eu pensei que só era unha boa amizade; agora doume conta de que esa amizade converteuse en algo máis, converteuse nun gran cariño e confianza, e, aínda que ti non o saibas, daría o mundo enteiro por estar ó teu carón, é máis, daría a miña vida por pasar uns instantes contigo e que me fixeses sentir a máis feliz do mundo, aínda que só fose un pequeno momento.

            Soamente me gustaría que te deras conta do moito que sofres ó estar ó seu carón; que non te merece e que nin sequera merece ver unha bágoa túa nos teus ollos. Sei que a queres con loucura, pero ela non sente o mesmo por ti, estase enganando a ela mesma e, por suposto, xoga cos teus sentimentos.

            Todo isto non pasaría se te deras conte e souberas que aquí tes unha persoa na que podes confiar e aínda máis, unha persoa que te quere con toda a súa alma e que o fará o resto dos seus días, incluso despois da morte, xa que sabes que a alma nunca morre.

            Esperta e abre os ollos, só quero que sexas feliz.

            Quérote.