PASEINO MOI BEN

 

(EN DIRECTO CON CRISTINA PATO)

 

Eran as cinco da tarde e o bus non aparecía. Belén chamou e despois de media hora chegou o noso autobús cun conductor moi guapiño. Cando nos sentamos, xa veu a profe a advertirnos que non eramos meniños e non se podía comer, nin fumar...

         Puxemos música, e entre conversacións interesantes e risas, chegamos a Santiago, ós estudios da Radio Galega.

         Recibíronnos con présas, pero moi ben. Entramos no estudio e alí estaba a gaiteira máis marchosa, a nosa Cristina Pato, acompañada pola súa nai. Despois de saúdo e presentacións, Mariana, Laura e mais eu sentamos fronte ós micrófonos cos cascos dispostas para a entrevista en directo.

         Fixemos sete ou oito preguntas e respondeunos con naturalidade, alongándose nas respostas, claro, xa estará acostumada. Entre todos, fixemos un bo directo e marchamos ó outro estudio para o concerto da gaiteira.

         Tocou unha chea de cancións co seu grupo, no que tamén está a súa irmá. Durou unha hora, que para min fíxoseme algo curta, nela cantamos, bailamos e aplaudimos.

Ó final do concerto, a Pato firmou autógrafos, repartiu bicos e nós sacamos fotos.

Oxalá se organicen máis excursións, porque apréndese moito e pásase a tope de ben. Tamén foi que nós portámonos ben e Belén é unha tía cojonuda, a ver se vén a máis excursións coma esta.

Isto vai dirixido ó xefe de estudios: Paco ¿cando vas vir a algunha viaxe?.