POEMAS
Fructífera agonía que tiña,
desilusión dun amor que non chega,
e a luz iluminoume co seu brillo,
e chegou o sol, e chegou a estrela
predilecta,
a pasos axigantados co seu dedo no
meu reloxo
e apoderouse do latir do amor.
Os días perséguense, ledicia
encadeada
Cobre de rosa a penumbra,
entón a angustia treme na miña
mente,
apártome por un instante da
perfección,
da beleza absoluta, e a dúbida
corrómpeme,
a realidade evoca en min a angustia,
entón non sei que é realidade,
entón véxote e esquézome do demais.
Noelia.
Nunha liña está escrito o meu destino,
Na corda frouxa está sempre o latexo
do meu corazón;
todo é unha sucesión de casualidades
que se atopan
e rematan erosionando coma un
volcán,
que se converten en nada,
sen chegar a saber en realidade o
que un día foron.
Son un títere do destino,
que non se queixa, nin protesta,
que sempre está a punto para a súa
seguinte función,
que non garda ases trala súa manga,
que vive entre os seus ollos empanados
ante a súa mera resignación.
Noelia.
Un día souben que os teus bicos
bombeaban o sangue do meu corpo.
Un día souben que ti manabas
o aire que chegaba ós meus pulmóns.
Aquel día comprendín
que formabas parte de min,
que o demais perdíase na ignorancia
de non saber que sempre fora así,
que xa antes eramos aire namorado,
un nada namorado que se pertencía.
Por iso ese sentimento...
inminente, magnetizable e imparable
envólvenos coa súa maxia e non ten
fin.
Noelia
Pena Garea.-COU-B