Pura ficción
Pura ficción creada
pola miña inocente fantasía,
soño inevitable noite tras noite
cada vez que a miña mente
entra nese mundo que desexa
habitar;
mundo irreal do que eu son
princesa,
onde beizos, mans, cabeza e
corazón
perténcenme e onde que ti me ames
non é imposible.
A paixón incontrolable
fai que te achegues e me confeses
todo o que eu sempre quixen
espertar en ti...
Cabeza e corazón comezan
a loita acostumada e todo se
transforma
nunha ilusión frustrada, agora tan
só
son unha princesa desterrada,
lonxe desa ficción que
me fai dona absoluta
dos teus pensamentos.
S.P.B.