"
¿QUEN É O GAÑADOR/A? "
"Gran Hermano" volveu coa forza
dun ciclón.
Aínda que está comezando, xa todo o mundo
quere saber quen vai ser o gañador/a.
Despois dunhas semanas xa todos teñen os
seus favoritos/as.
Aquí gañará o que cative ó público. A diferencia dos concursantes do ano pasado,
estes saben da repercusión que ten o programa; saben que o público non perdoa
nada, por exemplo, traizón, conspiración,...
Por iso os concursantes séntense molestos ó teren que nomear.
A propia dinámica do concurso fai que o
inimigo estea na propia casa.
O gañador terá que gañar ós compañeiros/as
antes de nada. O gañador será o que sexa bo compañeiro, pero sen pasarse de
rosca, porque se non sería unha ameaza para os outros, e o grupo intentaría
eliminalo. O gañador será alguén que
colabore nos traballos da casa, que se comunique e que fale sen querer ser o
protagonista absoluto.
En resumo, o gañador de "Gran Hermano"-2001 será guapo/a,
correcto/a, amigo/a dos seus amigos, atento/a, servicial, sincero/a,
divertido/a e con espírito deportivo para poder competir.
Como votan máis mulleres que homes, os
rapaces da casa teñen máis probabilidades que as rapazas de levar os vinte millóns.
¿Quen é o teu favorito/a?.
CHUS.