¡¡QUE
PENA!!
Este
inverno pasado, á parte da auga e da neve, trouxo o detestable fenómeno do
"Tamarismo", un novo fenómeno que sacaron da manga catro ou cinco
impresentables que son o máximo expoñente da cutrería deste país. É que parece
que hoxe en día calquera escusa é boa
para estar no cumio.
No
caso que nos ocupa, a que foi adoptada como o "novo icono da
modernidade" non é máis ca unha "pobre" rapaza que despois de
inventar que estaba preñada dun "vidente" verdulero", aproveitou
este escándalo para promocionar unha canción patética: "No cambié, no
cambié", entoada desafinando a máis non poder.
A
min o que faga esa "señorita coa súa vida privada tráeme sen coidado, pero
con respecto á súa vida "profesional", teño que dicir que o que se
apoie un producto tan malo como Tamara aproveitando o seu tirón popular, prodúceme
certa desazón, sobre todo pensando na cantidade de intérpretes e músicos que
loitan día a día para que alguén lles dea unha oportunidade.
A
música é un negocio, pero tamén é traballo, sentimentos, sensibilidades,
respecto, arte e valía. Esta rapaza non é cantante, nin musa, nin nada e, co
seu disfrace de inocente, estase rindo de todos aqueles profesionais que ansían
facerse un oco no mundo da música, e meréceno de verdade, non como ela. Venderá,
non o dubido, pero por iso non deixará de dar noxo.
CHUS