Querido diario:
Onte, coma tódolos días, fun ó instituto. Tiven tres exames sorpresa... ¡nunca tal me pasara!, ¡quedei fatigado!
Pola noite tiven o peor pesadelo de toda a miña vida. Comecei soñando con Ramos, o profesor de ciencias naturais; ía armado con táboas periódicas, fluoruros de hidróxeno e moitas fórmulas químicas. O seguinte rival co que me atopei foi Mari Carmen Nieto, a profesora de ciencias sociais, que ía protexida por planisferios físicos e políticos, e libros de historia cos dentes moi afiados. Por se isto non fora abondo, atopeime con María Xosé, a profesora de música, que me atacaba con cintas que reproducían unha melodía desagradable para os meus oídos.
Cando me desfixen destes tres rivais, divisei unha porta; tentaba abrila cando xurdiu Genaro montado nunha fotocopiadora, atacándome coa manivela das persianas. Conseguín despistalo e dispúxenme a seguir na miña teima de abrir a porta; mellor sería que nunca tal fixera : cando por fin a abrín, Xulio, o director, atacoume cuns partes de expulsión e... nese intre espertei.
Todo fora un soño. ¡Menos mal que non apareceu a profe de galego! ¿Quen sabe? Se cadra... no próximo pesadelo.
Diego Rey e Diego Saavedra.
ESO 2º A