Recórdote.
Recórdote.
Creo poder acariciar o teu pelo
que cada vez sinto máis cerca.
Mentres os ollos están pechados
e a mente en branco,
ata eu mesma creo
que é verdade o que estou
a ver e a sentir,
en tanto que a distancia real
que nos separa estase a rir
da miña ilusión;
a súa gargallada fai que
a cruel realidade substitúa
a túa ilusionada presencia
e sinto como te alonxas
despacio, moi despacio...
Quero recobrar ese sentimento,
non quero esquecer a túa cara
nin por un segundo, pero
os ollos non se queren pechar...
agora choran... ¡Eu non quero!
¡Parade!, ¡deixádeo xa!
¡Volvamos recordar!,
intentemos de novo facer real
a imaxe dona destas bágoas,
acurtemos a distancia verduga
deste amor alimentado de recordos.
¡Xa non choro! RECÓRDOTE.
S.P.B.