REFRÁNS POPULARES
- Todos me queren porque son da Audiencia,
leve o demo tal comenencia.
- Unha sebe dura tres anos; un can dura tres
sebes; unha besta, tres cans e un home tres bestas.
- Cando deus non quere, os santos non obran.
- En coxeira de can e lágrimas de muller, non
hai que crer.
- Labradores novos, pan po-las silveiras.
- Mal de moitos, consolo de bobos.
- O crego: onde canta, aí xanta.
- Onde canta un crego e ornea un burro, nunca
falta un peso duro.
- Quen con rapaces se deita, mexado se levanta.
- O que no fuma nin bebe viño, o demo o leva
por ouro camiño.
- Na casa do ferreiro, coitelo de pao; na do
carpinteiro, séntase no chan.
- Predícame frade, por un oído me entra e por
outro me sae.
- Home pequeno, fol de veleno.
- Toda carne como o lobo, menos a súa que a
lambe.
- Fai ben o non mires a quen.
- A moda non incomoda.
- O que chega tarde nin oe misa nin come
carne.
- Máis vale calar que mal falar.
- Coas bragas enxoitas non se pillan as
troitas.
- ¿Onde vas tolo?. Onde van todos.
- Preguntando vaise a Roma.
Isabel Valiño Prieto 1º BAC-C