Síntome tan ben....

 

            ...cando polas mañás me espertas asubiando esa canción, cando me bicas ó mesmo tempo que me apertas ata os ósos, cando finxes estar enfadado e xa non aturas máis...¡e ris!..., cando fa-la cea e deixas todo do revés, cando chamas por teléfono só para recordarme que existes, cando me fas cóxegas no sofá ata que rebento coa risa, cando estou enferma e non te separas de min un minuto..., cando..., e cando... síntome tan ben dende que estás na miña vida, dende que formas parte dela... é unha sensación de completa felicidade, unha situación utópica, estraña, e ata o momento no que chegaches inexistente. Ti co teu sorriso, as túas manías, os teus medos... en definitiva ti, que me ensinaches que a vida ten sentido, que as cousas cambian, que o amor e a felicidade existen. Só tes que agardar o seu desesperar.

            Ás veces penso na posibilidade de que todo isto rematase, de que ti desapareceses da miña vida e ó pensar niso a tristeza invádeme, non podería vivir sen ti.

            Síntome tan francamente ben ó ver como respiras, como apresas a almofada, como rebules como se foses un meniño. Síntome francamente ben ó saber que estás aquí, inmóbil (ou case)... é fermoso.........................................................................................................................................................

            Síntome ben ó ter soños tan fermosos coma este. O peor é que é hora de erguerse e ti non estás aí realmente, só foi a miña cabeciña que precisa sentirse ben na realidade, que non sexa só un soño...

 

Eu