TODO...
Aquí
mesmo, enriba dun escritorio, sen ganas de facer nada, póñome a pensar que é o
mundo: o sol, as nubes, o ceo,... eu ¿que son?, ¿de onde veño?, ¿e se morro?
¿que pasará despois?... Vai ti saber qué pasará despois, ou, sen ir máis lonxe,
qué vai pasar cando saia da habitación, ou cando chegue a noite. Non o sei.
Miro pola ventá, vexo: xente, coches, paxaros, pero ¿que son?. Xa, son paxaros
e coches, e ¿que fan neste mundo? ou qué raio facemos nós..., demasiadas
preguntas para responder.
Só
se te pos a pensar non sabes nada de nada, porque todo se che volve facer
preguntas a algo que tamén é unha pregunta, nin sequera quen es, porque, se non
nacera ninguén, non habería mundo, ¿non?
Mellor
será vivir día a día e facer os deberes, que ós mestres non lles importa
demasiado o noso concepto da vida, do mundo ou das preguntas que nos gustaría
ter nun libro, para aclarar a nosa mente dunha vez.
...Razoando.