ÚLTIMOS
MOMENTOS
Son as nove da mañá,
non sei qué facer,
prendo o radiocasete.
¡Música...!
Esto fai aflorar os meus sentimentos,
sentimentos de amor,
de tristura,
de esquecemento.
Non podo,
non quero,
non podo esquecer,
non me deixa o corazón,
¡tantos días...!
¡meses...!
¡anos!.
Meses e anos xuntos,
como queres que a esqueza
que esqueza todo iso,
é imposible,
xamais o conseguirás,
¡deixádeme en paz!.
¡deixádeme os recordos!
Só che pido iso,
nunca na miña vida os esquecín,
e ti, babeco,
agora que chega a miña morte,
¿Quéresmos quitar?
É inxusto,
e por iso
os meus recordos,
felices ou tristes,
xamais na túa morte mos has quitar.
B...
1ºC
M.L.C.