UN AMOR FUGAZ
Todo empezou o primeiro día de curso de hai un ano. Eu entraba coas miñas amigas de clase, de pronto vino: era alto, con pelo louro e preciosos ollos verdes. Ninguén sabía quen era el e tampouco nos atrevemos a falarlle.
Cando chegou o "profe", explicounos que era Marco, o mozo do que me namorara, era un americano que viñera de intercambio para un mes.
Marco falaba un pouco de español e case nada de galego, e eu ofrecinme a primeira para ensinarlle o colexio. Esa mesma tarde quedamos un grupo da clase para tomar algo. Na mesa eu non deixaba de miralo, e nalgún momento cruzáronse as nosas miradas. Pasaban os días e eu dábame conta que me quedaba pouco tempo para saír co rapaz polo que eu estaba “coladiña”, Á semana de coñecelo encontreino unha noite nunha festa e decidín lanzarme. Reunín todo o meu valor, achegueime a el, e díxenlle se podía saír un momento. Xa fóra, mireino ós ollos e díxenlle:
- Marco, sei que é unha loucura pero...¡estou namorada de ti!
El miroume con cara rara e díxome que non me entendía. Como vin que era moi difícil
explicarlle os meus sentimentos con palabras, biqueino.
Parecía que Marco agora si que entendía e empezoume a abrazar.Demos un longo paseo e despois quedamos sentados nun banco. Como ía un pouco de frío, Marco deixoume o seu xersei. Mais tarde volvemos á festa da man.
As semanas xunto a Marco pasaron voando e chegou momento da despedida. Acompañei ó meu mozo ó aeroporto e non deixamos de chorar. Cando xa ía marchar, Marco deume un bico de despedida e regaloume o xersei que fora testemuña da nosa curta, pero intensa, historia de amor.
Non volvín saber nada máis de Marco, porque os dous sabiamos que o noso non tiña futuro ó estar tan separados un do outro.
Non o podo esquecer e, polas noites, mentres me agarro ó seu xersei, penso nel durante horas e recordo aqueles bicos estando xuntos...
Unha alumna de 1º BAC