UN DÍA INESQUECIBLE

 

            Era un sábado pola mañá, pero non un sábado coma calquera outro. Ese sábado foi moi especial. Pola noite case non puiden durmir nada, o tempo parecía que se paraba por veces, e todo pola emoción de que se gañabamos ese partido o CIRE estaría para o ano en primeira rexional. Creo que todos estabamos moi emocionados e con moitas ganas de ascender.

            A mañá foi como unha eternidade, pero por fin chegaron as 3:30 da tarde, e alí nos xuntamos todos preparándonos para saltar ó campo e marcar un gol, canto máis axiña mellor, para que nos dera a victoria.

            O presidente, antes de xogar o partido, dixo: “pase o que pase ás 9:15 teremos unha cea todos os xuvenís no Sony”. Eu creo que o presidente xa tiña toda a confianza de que iamos gañar. O adestrador, chamado Francis, dixo o día anterior que era penoso ter que esperar ó último día para ascender, pero así e todo tamén confiaba en nós, e dixo que tiñamos que saír con moitas ganas e así lograriámo-lo triunfo.

            Chegou a hora de saltar ó terreo de xogo, nunca tanta xente houbera nas bancadas coma ese día, e berraban ¡CIRE!, ¡CIRE campión!. No minuto 44 da primeira parte por fin chegou o primeiro gol, despois, na segunda, meteriamos tres goles máis e así conseguimos o triunfo con moito esforzo. Ó final do partido, o adestrador e o presidente sentíanse  moi contentos, porque dende a época na que xogaba Landín, o CIRE non ascendera, por iso foi un feito inesquecible.

            Para o ano que vén estaremos en primeira rexional co apoio do pobo de Melide.

 

                                                            Xosé Ramón Doamo Casanova.