UNHA INESPERADA NOITE
Aquela
noite espertara co reflexo da lanterna de Piluca. Así era a nosa forma de
comunicarnos. Cando a Piluca lle pasaba algo, ela , que tiña a casa paralela á
miña , saia á ventá coa lanterna e eu xa espertaba . Iso estaba moi ben . Eu
asustada peguei un brinco e, en menos do que canta un galo, xa tiña os pés no
chan . Asomeime á venta a ver que pasaba .Ela Intentaba dicirme algo pero eu
non a daba entendido .
¿Que lle pasaría ?
Optei por vestirme e tomar
un grolo de leite, collín as chaves e saín á rúa. Esta estaba moi escura e a
néboa non me deixaba ver moi ben . Con dificultade logrei chegar á casa de
Piluca . Afortunadamente , ela xa estaba abaixo , agardándome .
Tan pronto me viu , correu
cara a min para contarme o sucedido.
Resulta
que levaba unhas cantas noites , soñando cun pazo deshabitado e ó mesmo tempo
precioso , no que vivían espiritos , este asemellábase moito ó pazo da cima da
vila .
Cando o soño remataba
aparecíalle , unha rapaza sentada enriba, da súa cama que lle dicía :
-Ven con nós ó mundo dos
mortos .
Piluca contoume que iso
repetíase unha e outra vez ata que se facía día.
Eu quedei abraiada . E
díxenlle :
-E logo ¿Que queres facer?
Ela, moi segura de si ,
respondeume xusto o que eu non quería escoitar:
-Pois ir alí . Quero acabar
con isto de algunha maneira .
Eu non dixen nada , con moito medo emprendemos a longa camiñada
ata o pazo.
Eu, ía moi... ¿como diría
eu? moi... eso, con moito medo. Sen embargo , Piluca parecía non decatarse de
nada , cabeza ergueita e paso lixeiro.
Agora tiñamos que atravesar
unha gran fraga . Ese era o problema, a gran fraga ...¡ Fíxoseme eterna! .
Pensei que nunca a daría atravesado , pasei moito medo , posto que se ollaba
para as árbores aparecían caras moi
raras , e se ollaba cara a diante vía todo escuro e era unha sensación moi
abafante .
Ó
fin chegamos ó pazo . Por fóra tiña un aspecto terrible, iso que Piluca dixera
que era precioso .Despois duns cantos minutos de reflexión decidimos que unha
vez alí teriamos que entrar.
O
abrir a porta principal deu un pequeno rincho , co que eu xa peguei un brinco.
Seguimos, había unhas
escaleiras , subímolas , na primeira planta había cinco portas, pensamos que
iriamos abrindo pouco a pouco .Na primeira,
xusto cando a abrimos, encontramos a unha persoa sentada a unha mesa cunha bóla
. Polo que puidera pasar , cerrámola . Ó abrirmos a segunda só vimos uns brazos
e unha cabeza , escoitábase unha voz que dicía :
-¡Socorro, socorro, socorro
¡
Piluca preguntou:
-
¿Quen anda aí?
-
Son eu , estou aquí, só teño cabeza e mans, posto
que... ¡COIDADO! Non vos acerquedes , son areas movedizas , axuda , ide xunto a
meiga da porta un que vos dea unha
corda .
Así o fixemos, a meiga , moi amable por certo, deunos unha
corda , que ela mesma fabricou por arte de maxia. Con moito esforzo logramos
sacar a aquela rapaza daquel horrible lugar .
-¿Que fas aquí ? ¿Quen es ti? – preguntei eu
-Son Kata. Estou buscando a miña nai , tamén é un
espirito coma min .Shhh! Falade baixiño , que non vos escoiten os espiritos
negros.
-¿Que son os espiritos negros? –Dixo Piluca
-Son espíritos moi malos .Moi malos. Agora dedícome a
meterme nos soños das persoas para que me axuden a atopar a miña nai , e a
pelexar con eses ditosos espiritos negros.
Naquel preciso instante empezou a facer unha tremenda
corrente . Unhas sombras negras comezaron a voar . Piluca e eu volviámonos
tolas . De súpeto , escoitouse:
-Ide, marchade –Berraba Kata
Nos fixémoslle caso, aínda que o que eu non entendía era
que: se quería que alguén a axudara ¿por que nos mandou liscar?. Naqueles
momentos non pensamos niso, liscamos o máis rápido posible.
Ó chegar á casa, Piluca e mais eu non as tiñamos todas
connosco :
¿que habería nas portas: tres, catro, e cinco ? ¿Loitaría
Kata contra os espiritos negros? ,¿vencería? ¿atoparía a súa nai ?
Non sei , a
min non me quedaron ganas de volver a
aquel sitio.
Ó mellor Kata aínda volve ós soños de Piluca para
contarllo , agora ela xa non se asustará , sabe de que vai a cousa , non se
sabe se co tempo se descubrira todo .
Raquel
-------¿----------