todo o amor que che teño
é como nunha tumba
unha flor morrendo.
Todo quedará
como un fermoso recordo,
non sei qué pasaría
só sei que te quero.
Non me esquezas na vida,
só quédate co meu recordo,
anuncia a túa liberdade
e alza as túas mans ó vento.
En min unha sombra aparecerá
e co tempo espero recordar
como un mal recordo.
Como unha pedra quedará
todo o amor que eu che teño
e espero non chorar
e durmir pronto en silencio.
S.F.R.