
CAMPAÑA dende o IES Melide (curso 2004-2005)
|
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA Utilízase a exposición elaborada o curso pasado para levala a distintos organismos da zona. En principio foi exposta no propio IES Melide, e despois pasou a exhibirse na biblioteca municipal, xunto cos pósters, e os folletos da mesma campaña, así como na Fundación Terra de Melide. Conta con cinco paneis, correspodentes a cada un dos socios do proxecto: Melide, Italia, Bélxica, Alacant e Suecia, e nestes podemos apreciar fotografías das clases, profesorado, alumnado, etc. de educación para adultos en cada un dos lugares.
|
|
XORNADA DA MULLER - COOPERATIVA MELISANTO (23 de outubro) Organízase a participación nesta xornada, de maneira que o coordenador do proxecto, xunto co Xefe de Estudos de nouturno, dous ex-alumnos e unha alumna actual falan a un público de 250 persoas (maioritariamente mulleres) sobre as vantaxes do estudo á idade adulta. Introdúceselles na oferta educativa, despois preséntaselles o programa Grundtvig, e finalmente expóñenselles experiencias persoal (os alumnos), para rematar cun breve turno de preguntas por parte do público. |
|
REVISTA INTRES Decídese crear unha sección na publicación adicada ó alumnado de EPA, onde estes poden expresarse libremente. En concreto os alumnos e alumnas escriben sobre a relevancia das mulleres na historia, así como a súa repercusión nas ciencias, nas artes, e na sociedade. Para visitar estas páxinas, preme aquí. |
|
CASA DAS CIENCIAS E ACUARIUM (17 de novembro) Despois de ter traballado na clase sobre o papel da muller na historia, e de ter realizado uns proxectos sobre distintas mulleres que acadaron o premio Nóbel ao longo do século XX, aproveitamos a ocasión de visitar unha exposición na Casa das Ciencias da Coruña titulada "La otra mitad de la ciencia" (preme aquí para facer unha visita virtual), baseada en mulleres que destacaron polo seu labor científico.A continuación visitamos o Acuario-Casa dos peixes.
|
|
VIAXE A BÉLXICA (do 15 ao 19 de decembro de 2004) Os
catro socios reúnense en Hasselt (Bélxica) durante
seis días para participar nunha serie de novas actividades e
ó mesmo tempo poñer en común experiencias de cadaquén,
así como para planificar o traballo conxunto para o resto do
curso. Na viaxe os anfitrións intentaron que tivesemos contacto
co maior número posible de organismos e institucións relacionadas
coa formación de persoas adultas:
|
|
ENTREVISTA EN RADIO MELIDE (20 de decembro) O coordenador acode á emisora municipal acompañado dunha alumna de Educación de Adultos. Nunha entrevista explícase a esencia do programa, así como as actividades realizadas e por realizar. A alumna conta a súa experiencia na EPA.
|
|
CONTACONTOS - CÁNDIDO PAZÓ (21 de decembro) Contratouse a actuación do coñecido actor, escritor e autor teatral (preme aquí para coñecelo mellor), e decidiuse abrir as portas tamén a xente externa ao instituto, de maneira que na actuación se xuntaron rapaces, adultos, e nenos. Realizouse un cartel anunciador previo á actividade.
|
|
PRENSA LOCAL Entrevista cunha xornalista do xornal local CERNE (de ASETEM - Asociación de Empresarios Terra de Melide). A reportaxe aparece no número 2 da publicación, en xaneiro de 2005. |
|
PÁXINA WEB Decídese co resto dos socios europeos crear nas páxinas webs dos nosos centros unha sección especialmente adicada a EPA. No IES Melide comézase a construila, coa axuda do profesor Manuel Castro. Periodicamente vanse introducindo datos nela. As seccións fundamentais coas que contará serán: INFORMACIÓN, PROXECTO EUROPEO, SECCIÓN DE ALUMNADO e GALERÍA DE FOTOS. Na sección do ALUMNADO preténdese introducir traballos realizados polo alumnado nas aulas, así como outros materiais, como o elaborado para INTRES, etc., tratando de acadar así unha implicación por parte deles que faga que a sección cobre interese de visitas. |
|
CUÑA RADIOFÓNICA O grupo de alumnos de 4º de ESO, xunto co profesor-titor, elaboran un anuncio radiofónico promocional para invitar á poboación a acudir á ensinanza de adultos. Este anuncio é retransmitido en Radio Melide tódolos días, dúas veces ao día. |
| Seguimos traballando,informando e motivando para que as nosas actividades animen á xente de Melide a estudar Educación de Adultos |