e-mail IES Melide
b
Agencia Nacional Sócrates

 

CARMEN Mª BLANCO GARCÍA
A PORTA DO FONDO

Visita á CASA DAS CIENCIAS

A porta do fondo entreabriuse.A porta do fondo entreabriuse.A porta do fondo entreabriuse.A porta do fondo entreabriuse.A porta do fondo entreabriuse.A porta do fondo entreabriuse.Unha muller durmía. A porta do fondo entreabriuse. Unha muller durmía. A porta do fondo entreabriuse. Unha muller durmía. A porta do fondo entreabriuse e pechouse fortemente. Unha muller durmía falando en soños. A porta do fondo entreabriuse e pechouse fortemente. Unha muller durmía falando en soños. A porta do fondo entreabriuse e pechouse fortemente. Ía unha noite fría e chuviosa. Unha muller durmía falando en soños, e dicía que quería volver. A porta do fondo entreabriuse, pechándose fortemente. Unha muller durmía falando
en soños, e dicía que quería volver. A porta do fondo entreabriuse, pechándose fortemen-te. Ía unha noite fría e chuviosa. A muller durmía e falaba en soños, e dicía que quería volver. De súpeto despertou, e oiu a porta abríndose e pechándose, e levantouse. A porta do fondo non se volveu abrir. Ía unha noite fría e chuviosa. A única luz encendida era a da muller que pechara a porta.
que o traballo das mulleres científicas no século XX non foi suficientemente valorado e recoñecido, e que en tódolos campos da vida social atopaban prexuízos e obstáculos para saír adiante. Escoitamos que a porcentaxe de mulleres que están en postos de investigación, en sedes de prestixio, e nos centros de toma de decisións sobre asuntos económicos é realmente mínima. Nos paneis da exposición estaban presentes as vidas persoais e profesionais de mulleres como Hildegarda de Bingen, que viviu no século XII e foi a primeira científica cuxas obras chegaron ata nós, ou de Marie Sklodovska Curie, polaca, que fixo estudos superiores en París e recibiu o Nóbel en 1898 por ter descuberto o polonio e o radio (achádegos que lle provocaron a morte). Foron moitas as mencións que vimos a mulleres máis ou menos descoñecidas, pero que facilitaron a vida moderna da que hoxe disfrutamos, e que, realizando traballos baixo a sombra de homes en ocasións máis mediocres que elas, chegaron a dar pasos de xigante sen ter demasiada repercusión nas sociedades que lles tocou vivir e sufrir. Pareceume moi interesante visitar esta exposición, porque nela descubrimos a outra metade da verdade da Historia, e porque nos axudou a romper algúns prexuízos que impiden o desenvolvemento das persoas segundo sexan dun ou doutro sexo.
Mª JESÚS LODEIRO SUEIRO

Preme aquí para visitar a exposición

Nova sección para E.P.A. na revista INTRES
O noso centro organizou unha excursión á Casa das Ciencias da Coruña. Aproveitamos a ocasión para visitar unha exposición sobre mulleres "famosas" que no seu día destacaron no ámbito da Ciencia ou incluso recibiron un Premio Nóbel. Esta exposición titulábase "La otra cara de la Ciencia", e foi organizada polo Instituto de la Mujer. Unha vez alí contóusenos
Visita outros números da revista INTRES

COÑECE Á MULLER QUE DESCUBRIU O RADIO

¿Sabes quen descubriu o radio e o polonio? Foi Marie Curie, unha científica francesa de orixe polaca. - ¿Onde naceu? En Sklodowska, Polonia. - ¿En que ano recibiu o seu primeiro premio Nobel? En 1903 - ¿Sabías que foi a primeira muller galardoada con este premio? - ¿Cres que tiña idea de formar unha familia e casar? Non quería saber nada diso. Estaba sempre estudando. - ¿Cres que chegou a pasar fame? Pois si, só comía pan e ovos, por iso esta muller enfermou de anemia. - ¿Sabes como se chamaba o seu home? Chamábase Pierre Curie. - ¿Onde se coñeceron? Nun laboratorio. - ¿Sabes que fixeron cos cartos que lles regalaron pola voda? Comprar dúas bicicletas, nas cales pasaron os seus primeiro días de lúa de mel. - ¿En que ano descubriu o radio? En decembro de 1898. - ¿Por qué o polonio se chama así? Moi fácil, porque Marie lle puxo o nome da súa amada Polonia. - ¿Cómo morreu o seu home? Foi atropelado por un carro de cabalos. - ¿Sabías que tivo un segundo premio Nobel? ¿Sabes en que ano? En 1911 recibiu o premio de química. - ¿Sabes quen foi o seu asasino? O radio, o seu descubrimento custoulle a morte. - ¿Sabes en que día e en que ano morreu? O 6 de xullo de 1934.

Adrián Vázquez - Pablo López

GABRIELA MISTRAL, PREMIO NOBEL DE LITERATURA

¿Sabedes quen é Gabriela Mistral?. Supoño que non vos sona para nada ¿E si vos digo Lucila Godoy? Quedastes coma antes ¿non? Pois a verdade é que esta muller é moi interesante. Para empezar foi premio Nobel de literatura ¿qué non sabedes o que é un premio Nobel? Pois é unha distinción que lle conceden a alguén cando fai algo moi importante. Gabriela, antes e chamarse así chamouse Lucila Godoy ¡vaia cambio! ¿verdade? Esta muller tivo unha vida un pouco dura. Naceu en 1889 e empezou a traballar ós 15 anos nunha escola. ¡Vaia traballo! Pensaredes, pois obtivo o título de mestra e foi nomeada profesora de hixiene e inspectora xeral. ¿A que é interesante? Na súa vida tivo algo de todo. Ós once anos as súas compañeiras de clase acusárona de roubar material e sacárona da clase a pedradas ¡Que amigas! ¿non?. Logo dun tempo namorouse e tres anos despois o seu amado suicidouse en condicións estrañas. Tamén o seu sobriño se suicidou ós 17 anos. A partir de aí empeza a escribir os seus versos máis importantes. Algún títulos son "Desolación", "Poemas de las madres" ou "Lecturas de mujeres y niños". Aconséllovos que leades algúns. Gabriela tamén foi cónsul de en Nápoles e Lisboa. Fixo moitas viaxes e seguiu escribindo. En México fixéronlle unha estatua ¡quen lle dera a algúns ter unha! O 15 de novembro de 1945 entérase de que lle conceden o premio Nobel de Literatura e merca unha casa. Tiña 56 anos. Morre o 10 de xaneiro de 1957, despois dunha longa enfermidade. Réndenselle numerosas homenaxes en todo o mundo. Doou os dereitos das súa obras ós nenos de Monte Grande", que eran nenos probes. En fin, para acabar diremos que esta muller fixo algo de todo. Aínda que pensedes que non foi moi importante, despois de ler este artigo ó mellor dádesnos a razón ¿ou non?.

Carmen Mª Blanco - Mª Jesús Lodeiro

NAI TERESA DE CALCUTA

A nai Teresa de Calcuta naceu en Albania o 27 de agosto de 1910. O seu nome orixinal era Gonxha Agnes Bojaxhiu. Ós 18 anos anos de idade ingresou na orde das Irmás da Nosa Señora de Loreto en Irlanda. Recibiu a súa formación relixiosa en Dublín, Irlanda, e en Darjeeling, na India. No ano 1948 adquiriu a cidadanía hindú e neste mesmo ano o papa Pío XII concedeulle permiso para deixara as súas funcións como monxa para empezar a compartir a súa vida nas rúas de Calcuta cos máis pobres, os enfermos e os famentos. Fundou unha congregación chamada as Misioneiras da Caridade. O seu traballo inicial foi ensinar a ler ós nenos pobres da rúa. No ano 1950 comezou a axudar as persoas enfermas de lepra. En 1965 o papa Paulo VI colocou a congregación das Misioneiras da Caridade da caridade baixo o control do papado e autorizouna a expandir a orde relixiosa noutros países. En todo o mundo abríronse centros para os enfermos, fundáronse escolas e orfanatos para os pobres e os nenos abandonados. En 1979 recibiu o premio Nobel da Paz e empregou os cartos para fundar máis centros. Ela sempre tratou de non facer distincións entre as correntes espirituais hidúes, musulmáns, xudeus, cristiáns..." Non importa -dicía a nai- todos son fillos de Deus". Morreu o 5 de setembro de 1997 dun ataque ó corazón.

 

Estefanía Segade- Óscar Mosteiro