PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 1 .- A materia

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

1. A materia.

- Observación e descrición da materia. ¿Que entendemos por materia?

- Masa, capacidade, volume, densidade e temperatura. Unidades.

- Aproximación á medida.

- Gases, líquidos e sólidos. Propiedades.

- Cambios de estado: fusión, vaporización (evaporación e ebulición), condensación, solidificación e sublimación.

- Densidade = masa / volume.

 

- Elaboración de mapas conceptuais.

- Resolver problemas sinxelos aplicando estratexias persoais.

- Medir diferentes magnitudes mediante os instrumentos adecuados e recoñecer o erro que se produce en toda medida.

- Traballar en grupo tanto na observación, na clasificación, estudio, investigación e nos debates sobre da materia, as súas características e medición.

- Realización de diferentes medidas reducindo no posible o erro.

- Transformar unhas unidades de medida en outras equivalentes.

- Busca de informacións en fontes variadas.

 

- Recoñecer a existencia de cambios físicos e químicos na materia e explicar estes cambios.

- Desenrolar estratexias para verificar experimentalmente algúns fenómenos físicos.

- Capacidade de elaborar e interpretar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados de observacións, análises, clasificacións.

- Desenrolo do sentido de exactitude na medida e no cálculo.

- Valoración das distintas características da materia.

- Ver a equivalencia de diferentes unidades de medida.

- Especial interese polo coidado e utilización dos aparellos de medida.

- Actitude de curiosidade e busca de explicacións propias de fenómenos cotiás.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAIS

 

- Recoñecer as principais características dos sólidos, dos líquidos e dos gases.

- Utilizar as propiedades da materia para recoñecer diferentes materiais.

- Recoñecer os procesos que ocorren nos cambios de estado.

- Identificar a materia polas propiedades xerais que posúe: masa, volume, densidade...

- Medir e relacionar masas e volumes de obxectos e asignar correctamente as unidades a cada unha das magnitudes.

 

- Utilizar experiencias cotiás para recoñecer que é materia e algunhas propiedades características, e medir pesos e volumes.

- Aproveitar experiencias da vida diaria para apreciar cambios de estado.

- Efectuar cálculos de densidades coñecendo o peso e o volume e tamén volumes e pesos, insistindo na correcta utilización des magnitudes e unidades de medida.

 

- Material de laboratorio: balanza, probetas, acendedores, vasos de precipitados, dilatómetro.

- Material de uso común: globos, recipientes, culleres, xiringas.

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 2 .- Mesturas e disolucións

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

2. Mesturas e disolucións.

- Sólidos homoxéneos e sólidos heteroxéneos.

- Sustancias puras e mesturas.

- Mesturas homoxéneas e mesturas heteroxéneas.

- Disolucións, mesturas homoxéneas: disolvente e soluto.

- Concentración das disolucións: disolucións concentradas, diluídas e saturadas.

- Separación de compoñentes en mesturas heteroxéneas: filtración e decantación.

- Separación de compoñentes en  mesturas homoxéneas: cristalización e destilación.

 

- Resolver problemas sinxelos aplicando estratexias persoais.

- Traballar en grupo tanto na observación, experimentación, estudio, investigación e nos debates sobre das mesturas e os procedementos de separación de compoñentes.

- Utilizar a linguaxe científica con propiedade.

- Aplicar de forma persoal as estratexias do método científico

- Realización de mesturas para a aplicación posterior de distintos métodos de separación.

 

- Comprender a diferencia entre sustancias puras, sustancias compostas, disolucións e mesturas, e aplicar técnicas experimentais para separar estas últimas nos seus distintos compoñentes.

- Desenrolar estratexias para realizar experimentalmente mesturas para despois separar os seus compoñentes.

- Elaborar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados de observacións, análises, clasificacións.

- Capacidade de distinguir sustancias puras de mesturas ou disolucións.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Identificar como mesturas aqueles sistemas materiais nos que os compoñentes conservan as propiedades.

- Asociar o concepto de mestura a varios compoñentes en proporción variable expresando a súa concentración.

- Diferenciar mesturas homoxéneas e heteroxéneas.

- Coñecer as disolucións e os procesos de saturación.

- Experimentar cos procedementos de separación de mesturas.

 

- Recoñecer como mesturas sistemas materiais do contorno do alumno/a.

- Relacionar procesos industriais ca separación dos compoñentes de disolucións.

- Aplicar os métodos de separación de mesturas para dar solución a problemas sinxelos.

- Calcular concentracións utilizando porcentaxes en masa.

 

- Material de laboratorio: matraz, embude de decantación, papel de filtro.

- Material de uso común: area, azucre, sal, aceite.

 

 

 

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 3 .-  As substancias puras.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

3. As substancias puras.

- Características das substancias puras.

- Os compostos: substancias puras sometidas a procesos físicos e químicos.

- Diferencias entre elementos e compostos.

- O hidróxeno o elemento máis abundante no Universo.

- Os elementos químicos: sistema periódico.

- Os elementos químicos nos seres vivos: carbono, hidróxeno, osixeno.

 

- Interpretar táboas, cadros e gráficos (gráficos de barras, esquemas, etc.).

- Utilización do microscopio e da lupa.

- Traballar en grupo na realización de tarefas científicas e na exposición e comunicación de resultados de estudios, investigacións, debates, etc.

- Identificación das substancias puras polas súas propiedades.

- Recoñecemento do tipo de procesos físicos ou químicos polos seus efectos.

- Clasificación da materia segundo diversos criterios.

- Recoñecemento dos criterios seguidos para unha determinada clasificación.

- Utilización do Sistema Periódico.

 

- Valoración da importancia dos estudios no campo da  química como motor do avance da tecnoloxía, que facilita e fai máis cómoda a nosa vida cotiá.

- Valoración positiva da ciencia como medio de coñecemento do noso contorno.

- Interese por coñecer a estructura e composición da materia.

- Valoración do esforzo de recompilación dos elementos do Sistema Periódico.

- Valoración dos elementos como compoñentes universais da materia.

- Recoñecer a existencia de cambios físicos e químicos na materia e explicar estes cambios aplicando coñecementos básicos da estructura e composición da materia.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Identificar as substancias puras pola constancias das súas propiedades.

- Valorar as posibilidades dos seres humanos para manipular substancias e obter materiais coas propiedades desexadas.

- Manexo do Sistema Periódico.

- Enumerar os principais elementos dos seres vivos.

 

- Recoñecemento da destilación como medio de obter substancias puras e da evaporación  para separar substancias disoltas.

- Realización de experiencias. Destilación e ebulición.

- Interpretar cadros conceptuais relativos a clasificación da materia e deducir os criterios empregados.

 

- Materia de laboratorio, termómetros, tubos de ensaio, etc.

- Material de uso común, auga, sal, azucre, etc.

- Táboa Periódica dos Elementos.

 

 

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 4 .- Cambios químicos na materia.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

4. Os cambios químicos na materia.

- Evidencias dos cambios químicos: reacción químicas, reactivos e productos.

- Cambios químicos na vida real. A lixivia branquea a roupa. O dióxido de carbono nos refrescos e no pan.

- Recoñecer as reaccións químicas: cambios de temperatura, cambios de cor.

- Conservación da masa nos cambios químicos: Reaccións que forman sólidos ou gases.

- Reaccións de sínteses.

- Reaccións de descomposición.

- A choiva ácida.

 

- Traballar en grupo tanto na observación, experimentación, estudio, investigación e nos debates sobre dos cambios químicos

- Realizar no laboratorio algunhas reaccións químicas, observando a transformación dos seus compoñentes.

- Clasificar distintos tipos de procesos como cambios físicos ou químicos.

- Escribir ecuacións químicas despois de realizar no laboratorio a correspondente reacción química.

- Aplicar o principio de conservación da masa a resolución de problemas.

- Clasificar as reaccións químicas segundo os tipos estudiados.

 

- Comprender a diferencia entre sustancias puras, sustancias compostas e entre elemento químico e composto químico.

- Valoración da importancia dos estudios no campo da química como motor do avance da tecnoloxía, que facilita e fai máis cómoda a nosa vida cotiá.

- Valoración positiva da ciencia como medio de coñecemento do noso contorno.

- Realizar clasificacións de compostos químicos de acordo con criterios científicos previamente establecidos.

- Utilizar a linguaxe científica con propiedade.

- Comprensión da normativa de seguridade no desenrolo das reaccións químicas no laboratorio.

- Responsabilidade ante o uso de combustibles, recoñecendo neles os desencadeantes de fenómenos prexudiciais para o medio ambiente

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Identificar os cambios físicos e químicos do contorno.

- Coñecer algúns tipos de reaccións químicas, recoñecendo a aparición se substancias distintas.

- Recoñecer e saber escribir as reaccións químicas.

- Aplicar o principio de conservación da masa para predicir as cantidades de reactivos ou de productos.

 

- Os alumnos/as deben recoñecer os cambios físicos ou químicos que se producen tendo en conta se conservan ou non as propiedades.

- Realizar reaccións para poder describir o proceso.

- Encontrar distintos tipos de reaccións que resulten de interese industrial ou social.

 

- Material de laboratorio, termómetro, balanza, crisol, papel indicador pH, etc.

- Productos químicos, bicarbonato de sodio, auga de cal, ácido clorhídrico, cinc, sulfato de cobre, cloruro de sodio, nitrato de prata, xofre, etc.

- Material bibliográfico.

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 5 .-  O aire que respiramos.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

5. O aire que respiramos.

- O aire como mestura: Composición: nitróxeno, osixeno, dióxido de carbono...

- Combustións: ignición ou inflamación.

- Oxidación, corrosión.

- Respiración, fotosínteses.

- A contaminación atmosférica.

 

- Aplicar de forma persoal as estratexias do método científico (observación sistemática, emisión de hipóteses, experimentación, comprobación de resultados e comunicación) ó estudio do aire.

- Traballar en grupo na realización de tarefas e na exposición e comunicación de resultados de estudios, investigacións, debates, etc.

- Estudio experimental da combustión e corrosión.

- Localización do dióxido de carbono, na auga, no aire respirado, nos gases da combustión...

 

- Respecto por lo medio ambiente, e disposición favorable a súa protección e conservación.

- Valoración do traballo en equipo.

- Capacidade de observación e experimentación.

- Recoñecer a importancia do aire e da auga para a vida e explicar a súa acción xeolóxica

- Describir as principais formas da paisaxe e explicar cales foron os axentes xeolóxicos que as orixinaron.

- Valorar a importancia das plantas pola súa capacidade de renovar o aire.

- Rexeitar as actividades responsables da contaminación atmosférica.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Explicar a necesidade do aire nos procesos de combustión, corrosión, respiración e fotosínteses detallando os gases que interveñen nestes procesos.

- Explicar o papel dos seres vivos na composición da atmosfera.

- Deseñar estratexias contra a contaminación atmosférica.

 

- Utilizar experiencias cotiás para explicar os proceso de combustión corrosión, respiración e fotosínteses.

- Acudir a fontes bibliográficas para informarse sobre a contaminación.

- Visitar un centro de seguimento de contaminación atmosférica.

 

- Material básico de laboratorio: balanza, cápsulas, alcohol, óxido de calcio...

- Material de uso común: velas, vasos, palliñas...

- Vídeos sobre contaminación, efecto invernadoiro...

- Recortes de prensa sobre contaminación atmosférica.

 

 

 

 

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 6 .-  A auga.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

6. A auga.

- A auga, indispensable para a vida.

- Propiedades da auga: estados físicos, disolvente, regulador térmico.

-  Auga un ben limitado: salgada e doce.

- O ciclo da auga.

- Auga potable e non potable.

- A contaminación da auga.

- Procesos de limpeza: depuradoras e potabilizadoras.

 

- Relacionar as propiedades da auga ca súa utilidade.

- Realización de experiencias de potabilización da auga. Filtrado, decantado e destilación da auga

- Aplicar de forma persoal as estratexias do método científico (observación sistemática, emisión de hipóteses, experimentación, comprobación de resultados e comunicación) ó estudio da auga.

- Traballar en grupo na realización de tarefas e na exposición e comunicación de resultados de estudios, investigacións, debates, etc.

- Interpretación e descrición de procesos de maneira esquemática.

- Describir as principais formas da paisaxe e explicar cales foron os axentes xeolóxicos que as orixinaron.

 

- Respecto por lo medio ambiente, e disposición favorable a súa protección e conservación.

- Valoración do traballo en equipo.

- Capacidade de observación e experimentación.

- Recoñecer a importancia do aire e da auga para a vida e explicar a súa acción xeolóxica

- Valoración da necesidade de utilizar a auga racionalmente, promovendo posturas de aforro e solidariedade na súa utilización.

- Valoración da necesidade de depurar e potabilizar a auga e de apoiar as medidas que se tomen relativas o coidado e consumo da mesma.

- Actitude de rexeitamento ante as actividades que contaminen o medio ambiente e a auga en particular.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Describir procesos cotiás nos que a auga teña un importante papel, explicando o seu comportamento.

- Relacionar as propiedades da auga co seu uso.

- Describir de forma aproximada a distribución da auga e a forma na que a utilizada os seres vivos.

- Recoñecer medidas que se poden tomar que fagan compatible o desenrolo da sociedade co mantemento da calidade da auga.

 

- Recollida e resumo de información sobre o tema.

- Realización de experiencias.

- Analizar en que partes do ciclo da auga se malgasta e se contamina.

- Realizar unha campaña de sensibilización da problemática da auga.

 

 

- Folletos de instalacións de depuración e potabilización de auga.

- Material audiovisual, fotografías, diapositivas, vídeos...

- Fontes documentais de consulta.

- Material de laboratorio, filtros, matraz, tubos de refrixeración, vasos de precipitado

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 7 .- Os materiais. ¡Non o tires! Pode ser útil.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

7. A materia prima. ¡Non tires! Pode ser útil.

- Materia prima.

- Os materiais naturais e os materiais artificiais.

- Materia orgánica e inerte.

- Transformación dos materiais.

- Os materiais máis comúns e os seus usos.

- Os novos materiais, plásticos.

- Residuos sólidos urbanos. Control.

- Reciclado e reutilización.

 

- Traballar en grupo tanto na observación, experimentación, estudio, investigación e nos debates sobre dos os materiais e os usos máis apropiados que lles podemos dar.

- Utilizar a linguaxe científica con propiedade.

- Fabricación de xabón e papel reciclado.

- Observación de instalacións e procesos de eliminación e aproveitamento de lixo.

- Recollida de papel usado no Centro para a súa reciclaxe.

- Realizar clasificacións de materiais de acordo con criterios científicos previamente establecidos.

 

- Valoración da importancia dos estudios no campo da física e da química como motor do avance da tecnoloxía, que facilita e fai máis cómoda a nosa vida cotiá.

- Valoración positiva da ciencia como medio de coñecemento do noso contorno.

- Actitude que evite malgastar materias primas.

- Toma de conciencia da gran cantidade de materiais que se tiran o lixo.

- Actitude favorable a utilización racional dos recurso.

- Valoración positiva da separación dos tipos de lixo para a súa reutilización.

 

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Recoñecer as materias primas coas que se elaboran diversos materiais de uso común: papel, vidro, plástico...

- Recoñecer os procesos de transformación das materias primas.

- Actitude persoal sobre a utilización de recurso e a reducción de residuos.

- Recoñecer como o reciclado, reutilización e reducción de residuos contribúen o aforro de recursos e a menor contaminación.

 

- Describir os pasos da fabricación de materiais.

- Interpretar distintos procesos de reciclaxe.

- Realizar prácticas de reutilización.

- Construír obxectos prácticos e decorativos a partir de materiais que se tirano o lixo.

 

- artigos de periódicos, revistas, etc.

- Folletos de instalacións nas que se fabriquen algúns materiais estudiados.

- Obxectos que normalmente se tiran o lixo.

 

 

 

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 8 .- A diversidade dos seres vivos.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

8. A diversidade dos seres vivos.

- Diversidade dos seres vivos.

- Funcións básicas.

- Formas de alimentación: autótrofos e heterótrofos.

- Animais, vexetais e fungos.

- Protozoos, algas, bacterias, virus.

- A clasificación.

 

- Manexo de claves sinxelas para a identificación dos organismos.

- Confección de cadros de dobre entrada para ter a información resumida e ordenada.

- Identificación dos grandes modelos taxonómicos ós que pertencen animais e plantas mediante debuxos, fotografías e diapositivas.

- Elaboración de murais.

- Traballar en grupo na realización de tarefas e na exposición e comunicación de resultados de estudios, investigacións, debates, etc.

- Utilizar a linguaxe científica con propiedade para describir os seres vivos.

 

- Sensibilización cara as formas de vida existentes na biosfera.

- Precisión e rigor na observación.

- Coidado e respecto por tódolos organismos obxecto de estudio.

- Respecto por los seres vivos e o medio ambiente, e disposición favorable a súa protección e conservación.

- Valoración positiva das accións cotiás dirixidas a protexer a natureza e a realizar un uso máis racional dos recursos naturais.

- Valoración positiva da linguaxe científica.

- Aprecio dos compañeiros e do traballo en grupo.

 

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Coñecer as funcións vitais básicas dos seres vivos e distinguir entre nutrición autótrofa e heterótrofa.

- Recoñecer os seres vivos que pertencen os reinos vexetal, animal e os fungos mediante a identificación das súas características principais.

- Interpretar a presencia de bacterias, e virus na vida cotiá.

- descubrir a necesidade de clasificar a gran diversidade de seres vivos que habitan a terra.

 

- Recollida de mostras de animais e vexetais para posterior estudio ca axuda de lupas e microscopios.

- Utilización de fontes de información  para identificar os distintos modelos de organización os que pertencen os organismos, analizando os trazos externos máis importantes.

 

- Material de laboratorio: Lupa binocular, microscopio, portaobxectos, cubreobxectos...

- Claves dicotómicas sinxelas, guías, fotografías, vídeos, etc.

 

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 9 .- Os vexetais.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

9. Os vexetais.

- A anatomía e a diversidade das plantas.

- Plantas fanerógamas.

    . Órganos: raíz, talo e follas.

    . semente, a súa formación.

    . Flor: pedúnculo, cáliz, corola, estames e pistilo.

- Plantas criptógamas.

    . Fentos.

    . Musgos.

    . Algas.

- As funcións vitais das plantas: nutrición, relación e reproducción.

- A polinización.

- Clasificación: con órganos e sen órganos.

 

- Recoller, de forma selectiva e orientada, diversas plantas e formar un herbario.

- confeccionar claves dicotómicas propias ou introducir modificación as mesmas.

- Observación e descrición detallada de plantas e flores.

- Clasificar as plantas nos seus grupos principais.

- Elaborar e interpretar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados de observacións, análises, clasificacións...

- Utilizar guías para identificación e estudio das plantas.

- Usar a lupa e o microscopio para unha mellor observación das plantas.

 

- Coñecer, describir e valorar adecuadamente as plantas máis abundantes de Galicia.

- Capacidade de clasificar as plantas nos seus grupos máis importantes relacionando as súas principais características.

- Utilización da linguaxe científica con propiedade para describir seres vivos.

- Valoración da solución problemas sinxelos aplicando estratexias persoais.

- Capacidade de clasificar as plantas de acordo con criterios científicos previamente establecidos.

- Valorar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados.

- Respecto por las plantas, e disposición favorable a súa protección e conservación.

- Especial sensibilidade polas especies protexidas en vías de extinción.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Recoñecer a organización dos vexetais con semente.

- Saber distinguir as distintas partes da flor e a súa función.

- Interpretar o proceso de formación da semente.

- Coñecer as características básicas dos fentos, musgos e algas.

- Criterios fundamentais da clasificación dos vexetais.

 

- Coleccións de follas, flores, talos, raíces...

- Observación das plantas no seu medio natural.

- Observación da estructura da raíz na xerminación.

- Observar po (lixo) ó microscopio.

 

- Herbario.

- Material de laboratorio: lupa binocular, microscopio, portaobxectos...

- Material bibliográfico: guías de vexetais, claves de identificación...

- Diapositivas, vídeos...

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 10 .- Fungos e liques

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

10. Fungos e liques.

-  Fungos:

     . Micelio.

     . Esporanxios.

     . Cogomelos.

- Estructura dos cogomelos.

     . Pe, volva e anel.

     . Sombreiro con láminas, poros ou pugas.

- Cogomelos velenosos e comestibles.

- Liques: asociacións de algas e fungos.

 

- Identificación de fungos e liques con axuda de guías.

- Construcción e interpretación de esquemas secuenciais.

- Recoñecemento das partes dos cogomelos.

- Observación da esporada e das esporas de diferentes fungos.

- Clasificar as plantas nos seus grupos principais.

- Elaborar e interpretar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados de observacións, análises, clasificacións...

- Utilizar guías para identificación e estudio dos cogomelos.

 

- Ser conscientes da perigosidade de comer cogomelos cando non foron recollidos por persoas expertas.

- Preocuparse por recoller os cogomelos sen deteriorar o micelio para evitar a súa desaparición.

- Valoración do papel dos liques como indicadores biolóxicos da contaminación atmosférica.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Analizar a diversidade morfolóxica e os tipos de substratos onde se encontran os fungos.

- Recoñecer o cogomelos como a estructura reproductora dalgúns fungos.

- Saber recoller cogomelos: so as coñecidas sen destruír o micelio para evitar a desaparición.

- Entender os liques como relación simbióticas entre unha alga e un fungo e sinalar as características que adquiren ó asociarse.

 

- Observar o fermento do pan nun pouco de auga.

- Poñer un pouco de pan húmido debaixo dun vaso para observar os filamentos de balor e as bolsas negras da punta que teñen esporas.

- Observar esporas.

 

- Cultivo de cogomelos.

- Material de laboratorio: lupa binocular, microscopio, portaobxectos...

- Material bibliográfico: guías de cogomelos, claves de identificación...

- Diapositivas, vídeos...

 

 

 

 

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 11 .- Os animais.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

11. Os animais.

-  A clasificación dos animais.

- Animais con esqueleto e sen esqueleto.

- Os vertebrados. Clasificación.

- Artrópodos. Clasificación.

- vermes.

- Moluscos.

- Equinodermos.

- Celentéreos.

- Esponxas.

 

- Clasificar os animais  nos seus grupos principais.

- Elaborar e interpretar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados de observacións, análises, clasificacións, etc.

- Traballar en grupo tanto na observación, na clasificación, estudio, investigación e nos debates dos animais e das súas funcións vitais.

- Utilizar guías para identificación e estudio dos animais.

- Realización de debuxos esquemáticos da anatomía externa e interna.

- Identificación dos animais polos seus restos: pegadas, excrementos...

- Usar a lupa e o microscopio para unha mellor observación dos animais.

 

- Coñecer, describir e valorar adecuadamente algúns dos animais máis importantes de Galicia.

- Clasificar os animais nos seus grupos máis importantes e referir as súas principais características anatómicas e fisiolóxicas.

- Desenrolo da capacidade de resolver problemas sinxelos aplicando estratexias persoais.

- Valorar e interpretar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados de observacións, análises, clasificacións.

- Respecto por los animais, e disposición favorable a súa protección e conservación.

- Especial sensibilidade polas especies protexidas en vías de extinción.

- Precisión e rigor nas observacións e nas representacións gráficas dos distintos grupos de animais.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Saber clasificar os animais dentro do grupo ó que pertencen: con esqueleto, sen esqueleto, con esqueleto externo...

- Recoñecer os cinco grupos de vertebrados.

- Identificar os artrópodos pola súa anatomía externa.

- Sinalar as características máis importantes dos vermes, moluscos, equinodermos, celentéreos e esponxas.

 

- Analizar os distintos tipos de reproducción en vertebrados.

- Relacionar os picos e as patas das aves ca súa alimentación e hábitat.

- Cría de animais para a súa observación.

- Efectuar un seguimento da metamorfoses nos anfibios.

 

- Material de uso común, caderno de prácticas, follas de seguimento...

- Exemplares de animais.

- Restos de animais, debuxos e  moldes de pegadas, etc.

- Material bibliográfico, guías, claves taxonómicas...

- Material fotográfico.


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 12 .- A envoltura da Terra.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

12. A envoltura da Terra.

- A atmosfera.

     . Capas.

     . Efecto invernadoiro.

- O Sol, un motor da atmosfera.

- Ciclo da auga:

     . Formación de nubes.

     . Precipitacións.

- Tempo atmosférico, previsións.

 

- Observación e clasificación de distintos tipos de nubes.

- Lectura e interpretación de táboas e mapas, relacionándoas co prognóstico do tempo.

- Recoñecemento e utilización dos aparatos ou instrumentos que aportan os datos meteorolóxicos.

- Aplicar de forma persoal as estratexias do método científico (observación sistemática, emisión de hipóteses, comprobación de resultados e comunicación) ó estudio de algúns biomas sinxelos.

- Traballar en grupo na realización de tarefas e na exposición e comunicación de resultados de estudios, investigacións, debates, etc.

- Utilizar a linguaxe científica con propiedade para describir os seres vivos.

 

- Valoración da importancia da atmosfera polas súas funcións protectoras e reguladoras.

- Gusto polo rigor e precisión nas observacións e anotacións.

- Interese polos avances tecnolóxicos que fan posible as previsións do tempo.

- Postura crítica ante actividades de producen contaminación.

- Valoración positiva da linguaxe científica.

- Aprecio dos compañeiros e do traballo en grupo.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Saber localizar as diferentes capas que forman a atmosfera e os fenómenos que teñen lugar nelas.

- Recoñecer o Sol como motor da atmosfera, como responsable do vento, da evaporación...

- Coñecer en que consiste o ciclo da auga, formación de nubes, precipitacións...

- Distinguir os elementos que se utilizar para describir o tempo e a súa representación en mapas meteorolóxicos.

 

- Relacionar os datos meteorolóxicos cos instrumentos e aparatos que os subministran.

- Indicar e interpretar diferentes fenómenos atmosféricos, choiva, neve, vento, arco iris, tormentas, raios, tronos, furacáns...

- Identificar os elementos máis importantes dos mapas do tempo.

 

- Ilustracións, fotografías, vídeos de fenómenos atmosféricos.

- Mapas do tempo.

- Táboas e gráficos con datos meteorolóxicos.

- Aparatos e instrumentos de medida.

- Equipo de meteoroloxía.


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 13 .-  Os torrentes cambian o relevo.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

13. Os torrentes cambian o relevo.

- As augas salvaxes.

- Os torrentes. Partes, perfil e actividade xeolóxica.

- Os ríos. Partes e actividade xeolóxica.

- Erosión e desertización.

- Transporte.

- Sedimentación. Deltas e estuarios.

- Inundacións.

 

- Busca de explicacións a fenómenos (desertización, erosión) establecendo as causas e as súas posibles solucións.

- Análises, con material fotográfico das paisaxes resultantes da acción xeolóxica de torrentes e ríos.

- Interpretar cadros e gráficos (gráficos de barras, esquemas de procesos xeolóxicos, etc.).

- Aplicar as estratexias do método científico (observación sistemática, emisión de hipóteses e comunicación) ó estudio dos axentes xeolóxicos externos.

- Determinación da existencia de fenómenos de erosión en Galicia con axuda de indicadores ou datos bibliográficos.

- Visita a espacios naturais para a observación dos axentes xeolóxicos externos.

- Elaboración de conclusión sobre a sedimentación nos ríos.

 

- Interese por coñecer os cambios experimentados no relevo como consecuencia da acción xeolóxica.

- Valoración do papel protector da vexetación contra a erosión.

- Respecto por los seres vivos e o medio ambiente, e disposición favorable a súa protección e conservación.

- Valoración do traballo en equipo.

- Capacidade de observación e experimentación.

- Interese por coñecer e describir as principais formas da paisaxe e explicar cales foron os axentes xeolóxicos que as orixinaron.

- Postura crítica ante as accións que contribúen o incremento da desertización: talas, incendios, sobreexplotación agrícola, pastos...

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Identificar os diferentes tramos dun torrente e de un río.

- Coñecer os procesos xeolóxicos que teñen lugar en torrentes e ríos.

- Diferenciar torrentes, ríos, deltas e estuarios.

- Relacionar os distintos tipos de materiais con diferentes formas en que se poden transportar polos ríos.

- Coñecer as repercusións de distintas prácticas humanas sobre do relevo.

 

- Realizar experiencias nas que se comprobe:

     . O papel de filtro dun solo fértil.

     . A sedimentación diferencial dos ríos.

     . Protección do solo pola cuberta vexetal.

- Facer un percorrido por un río da localidade.

- Elaborar e interpretar mapas nos que se examine a evolución da desertización en Galicia.

 

- Material de uso común: area, auga, regadeira...

- Mapas de Galicia.

- Material fotográfico e bibliográfico.

- Vídeos.

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 14 .- Os poderes do mar.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

14. Os poderes do mar.

- As olas.

- As mareas.

- As correntes.

- Acción xeolóxica da mar.

     . Erosión das costas.

     . Transporte.

     . Sedimentación.

- Fondo e relevo submarino.

- Relación dos humanos ca mar.

 

- Elaborar e interpretar cadros, gráficos, informes, fichas e outras formas de presentación e comunicación de resultados de observacións, análises, clasificacións, etc.

- Traballar en grupo tanto na observación, na clasificación, estudio, investigación e nos debates sobre dos mares e dos seus ecosistemas.

- Utilizar a linguaxe científica con propiedade.

- Interpretación da acción xeolóxica da mar con axuda de material fotográfico.

 

- Valoración do traballo científico.

- Postura crítica fronte a actitudes que conducen á degradación e contaminación dos mares e océanos.

- Valoración positiva das accións cotiás dirixidas a protexer a natureza e a realizar un uso máis racional dos recursos naturais: reciclaxe de vidro e papel, reutilización de envases, limpeza de praias, etc.

- Comprensión e deleite da paisaxe que nos ofrecen as costas.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Recoñecer que a auga está en constante movemento: olas, mareas e correntes mariñas.

- Saber distinguir a acción xeolóxica da mar nas distintas formas e os depósitos costeiros.

- Indicar os elementos que constitúen os fondos oceánicos.

- Analizar a intervención dos seres humanos no litoral e nos océanos.

 

- Establecer relacións causa/efecto nos fenómenos que teñen lugar no mar: olas, mareas, correntes...

- Observar e interpretar indicios de cambio no litoral e no fondo mariño.

- Representar procesos como a evolución dun acantilado, mediante esquemas.

 

- Material bibliográfico, libros, revistas...

- Diapositivas.

- Transparencias.

- Vídeo.

 


 

PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 1º DE ESO        Unidade didáctica número 15 .-  O Sistema Solar: a Terra o Sol e a Lúa.

 

CONTIDOS

 

PROCEDEMENTOS

 

ACTITUDES

 

15. O Sistema Solar: a Terra, o Sol e a Lúa.

- O Sistema Solar.

- Os astros que forman o Sistema Solar.

- As estrelas. O Sol.

- A Terra: forma e posición.

- Movementos da Terra:

     . Rotación, días e noites.

     . Translación, estacións.

- A lúa, o Sol e a Terra nos eclipses.

- A Terra no universo.

 

- Realización de investigacións astronómicas sinxelas e elaboración de táboas cos resultados obtidos.

- Observación do firmamento a simple vista e con aparellos sinxelos.

- Traballar en grupo na realización de tarefas científicas e na exposición e comunicación de resultados de estudios, investigacións, debates, etc.

- Representación gráfica do Sistema Solar.

- Visita a un planetario e a un centro de investigacións astronómicas.

 

- Interese por coñecer a estructura e composición do Sistema Solar.

- Valoración do traballo en equipo.

- Capacidade de observación.

- Coñecer os astros que forman o Sistema Solar, así como os movementos que describen.

- Interese por obter informacións científicas sobre do universo.

- Asumir a provisionalidade das teorías científicas.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

DIDÁCTICA

 

MATERIAL

 

- Saber explicar por que a Terra non pode ser plana e tampouco pode ser o centro do universo.

- Coñecer os movementos da Terra e os efectos que producen.

- Recoñecer a Lúa como satélite da Terra e a súa intervención nos eclipses.

- Interpretar o lugar que ocupa a Terra no sistema solar, na Vía Láctea e no universo.

 

- Construír esquemas e modelos sinxelos que permitan interpretar fenómenos como os eclipses, o ciclo lunar, etc.

- Comparar as magnitudes coas que se traballa no sistema solar coas que se usan habitualmente.

- Construír un reloxo de sol.

 

 

- Material de uso común, cartolinas, madeira, etc.

- Mapas terrestres con distintas proxeccións: plana, cilíndrica e cónica.

- Globo terráqueo e maquetas do universo e do sistema solar.

- Material videográfico.

- Programas informáticos.